A Lei 11/2010, de Prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade cumpre un ano dende a súa entrada en vigor. Neste tempo produciuse unha diminución na porcentaxe de intoxicacións etílicas en rapaces e rapazas entre 11 e 17 anos. A análise de datos das Urxencias Sanitarias de Galicia constataron unha redución en 2011 dun 11,3% nas urxencias por intoxicación etílica.