CLASIFICACIÓN DE DROGAS POLA CODIFICACIÓN SOCIOCULTURAL DO SEU CONSUMO
DROGAS INSTITUCIONALIZADAS
Son aquelas que gozan de recoñecemento legal e uso normativo ademais dunha forte permisividade en canto a súa promoción publicitaria. Estas drogas, pese a ser legais, son as que máis problemas sociosanitarios causan na poboación.
Son drogas institucionalizadas: alcohol, tabaco e psicofármacos.
DROGAS NON INSTITUCIONALIZADAS
A súa venda e consumo están sancionados pola lei (máis información no apartado ¡Aviso legal!). Estas drogas teñen un uso minoritario, os colectivos que as consumen adoitan posuír un rol identificador en función da droga consumida (porreiros, heroinómanos, pastilleiros,...), aínda que esta afirmación non se debe xeneralizar pois existen moitos tipos de consumidores independentemente do seu aspecto, status, familia, etc.
Habitualmente os consumidores de drogas ilegais relaciónanse coa delincuencia ou a marxinalidade consolidando así estereotipos de drogodependentes que provocan unha forte alarma na sociedade.