Skip to Content

Diñeiro

A Paga¿É convinte darlle paga aos nenos? ¿Cantos son os cartos apropiados e desde que idade se deben dar? ¿Debe utilizarse como recurso para os premios e castigos? ¿Cales son as vantaxes que ofrece este sistema? ¿De que depende a paga? ¿Volverá ao meu fillo máis materialista? ...

A paga constitúe a asignación económica que as nais e os pais conceden periódicamente aos fillos/as. A paga utilizada como ferramenta pedagóxica, ao contrario do pensamento xeral, non supón un gasto adicional para as familias, senón que establece unha nova organización da economía doméstica, é dicir, non se trata simplemente de repartir os cartos, debe significar tamén a adquisición de responsabilidade por parte dos fillos de pagar certos gastos que lles son propios.

Antes de decidir e informar aos fillos da intención de dar a paga, teremos que facer unha reflexión para determinar as características da paga:

  • ¿Quero que a miña filla gaste toda a paga ou que lle quede algo para aforrar?
  • ¿Tornarase máis egoísta?
  • ¿Será un sistema de premios e castigos?


O obxectivo da paga é ensinar aos máis pequenos a importancia de xestionar os seus cartos para sufragar os gastos e ademais conseguir aforrar. A idade adecuada para comenzar a dar a paga é variable en función da familia, do estilo educativo que establezan, das características do neno/a, etc. pero en principio unha boa idade son os 9 anos cando xa dominan as sumas e as restas e comezan a comprender os termos caro e barato, necesidade e capricho, etc.

A paga debe darse de forma incuestionable, é un ben estable e con continuidade que non debe supoñer nin incrementos por premios (ex.// notas, diplomas...) nin defecto por castigos (ex.// notas, faltas ás clases...).
   
A PagaNo que se refire á cuantía, debemos considerar as circunstancias e posibilidades da familia ademais da idade dos destinatarios. Independientemente das diferentes situacións familiares, estas cantidades non deberán ser nin moi altas nin moi baixas. Dar demasiados cartos non suporá ningún beneficio pois non aprenderán a administrarse (dalles para todo, como teñen moitos cartos non teñen necesidade de aprender a administralos) e tan só fomentará a consolidación de actitudes e malos hábitos que lles poderán prexudicar na vida adulta.

Para estimar unha cantidade adecuada primeiro debe facer unha lista dos gastos habituais do seu fillo (aparte da comida e a vivenda), reflexionar sobre os gastos dos que lles gustaría que se responsabilizara (en función da idade podería ser golosinas, cómics, álbums, DVDs, xogos, videoxogos, xelados, entradas de concertos ou cine, roupa, móbil...). A cantidade de cartos da paga debe sufragar os gastos que desexa que pague o seu fillo e algo máis para que este poida aforrar. Pode comezar cunha cantidade menor e ir aumentandoa a medida que aumente a súa responsabilidade nos gastos.

Os nenos e nenas deben entender por que se lles está dando a paga, cal é o obxecto destes cartos, pero sempre será importante recordar que a paga serve para que os nenos aprendan a saber que:

  • Os cartos non son ilimitados.
  • Non se pode mercar todo o que se desexa, debemos priorizar os gastos.
  • Aforrar costa traballo.
  • Existe diferenza entre as necesidades e os caprichos.


Débese ter en conta que a familia, como modelo educativo dominante na socialización dos fillos, exerce unha gran influenza no modo de administrar os cartos da paga, pois os nenos aprenden máis do que ven que facemos (como priorizamos os gastos) que do que dicimos (teoría de como deberiamos gastar os cartos). Por iso deberemos predicar co exemplo.

Unha forma de explicar aos nenos a necesidade de xestionar os cartos é ensinarlles a facer un presuposto persoal que lles axude a controlar os ingresos, os gastos destinados a cada necesidade e a capacidade de aforro da que poden dispoñer. Nun principio a paga deberá ser semanal e, a medida que vaian medrando, pasará a ser quincenal ou incluso mensual para que aprendan progresivamente a dispoñer con responsabilidade dos cartos. Cando se gasten a paga antes do período acordado e pidan máis cartos, deberémonos manter firmes e dicir que non porque do contrario a lección aprendida será que o presuposto carece de importancia pois mamá e papá correrán cós gastos. De todas formas existe outra alternativa, realizar un traballo extra fóra do habitual, isto é, non será nin facer a cama, recoller a habitación nin tampouco recollela mesa, nin sacar boas notas, senón algo que non lles corresponda facer habitualmente. Deste xeito os rapaces aprenderán que os cartos extra debe acompañarse dun esforzo extra.

As actitudes e valores que os rapaces e as rapazas aprenderán cunha paga utilizada  como ferramenta pedagóxica serán entre outras:

  • Toma de decisións.
  • Establecemento de prioridades.
  • Pospoñer gratificacións.
  • Conseguir unha maior autonomía.
  • Aumentar a responsabilidade.
  • Toma de conciencia do concepto de mercado.


¿En que se gastan a paga?  O modo de aforrar e onde van a parar os cartos varía segundo a idade e o sexo. Os pequenos aforran máis que os adolescentes para satisfacer os seus caprichos. Os adolescentes resultan menos previsores e observan como os cartos se lles escapan das mans.

A partir dos 13-15 anos mudan de intereses e con eles o destino dos cartos. As mozas teñen unha maior tendencia a gastar a súa paga en roupa, complementos e maquillaxe, e os mozos mostran máis interese polos videoxogos e consolas. Gastos habituais en común pode ser o cine, o ocio nocturno e, por suposto, o móbil.