¿QUE SE FAI DENDE O SERVIZO?
As accións desenvoltas dende o Servizo de Prevención de Drogodependencias oriéntanse a reducir influenzas de carácter global e local que potencian os factores de risco mediante unha actuación contextualizada na realidade local promotora de factores de protección. A posta en marcha da programación en materia de prevención de drogodependencias confórmase como un instrumento planificado que ofreza unha resposta adecuada ás diferentes características, circunstancias e necesidades dos tres concellos, considerando aos cidadáns como suxeitos protagonistas de toda actuación preventiva.
De tal forma, as actuacións distribúense por áreas complementarias entre si que favorecen a súa interrelación e enriquecemento mutuo. A continuación preséntase o conxunto xeral das accións preventivas levadas a cabo polo Servizo en cada ámbito:
ÁMBITO ESCOLAR
Intervención Socioeducativa na aula por etapas educativas:
- Obradoiros de Prevención de Drogodependencias en:
- 3º Ciclo de Educación Primaria en:
CEIP Baamonde (Concello de Begonte)
CEIP Virxe do Corpiño (Concello de Begonte)
CEIP Laverde Ruíz (Concello de Outeiro de Rei )
CEIP Otero Pedrayo (Concello de Rábade)
- IES Río Miño, (Educación Obrigatoria e Postobrigatoria)
Educación Secundaria Obrigatoria (1º, 2º, 3º e 4º)
1º e 2º de Bacharelato
P.C.P.I.
Organización de actividades en tempo de ocio dentro do centro escolar:
- Ciclo de Cine para Primaria.
- Ciclo de Contacontos.
Colaboración con outros Servizos e asociacións para a organización de obradoiros socioeducativos relacionados coa prevención de drogodependencias como:
- Obradoiros de Asesoramento Afectivo- Sexual para adolescentes.
- Obradoiros de habilidades relacionais e afectivas para Educación Primaria.
- Obradoiros de Prevención do VIH/SIDA para tódalas etapas formativas do IES Río Miño.
- Obradoiros de Prevención do consumo de drogas na conducción en tódalas etapas educativas, especialmente do instituto.
Colaboración e asesoramento directo ao equipo docente dos centros educativos.
Divulgación de material informativo e sensibilizador elaborado por organismos públicos, fundacións, asociacións... nas diferentes etapas educativas.
ÁMBITO FAMILIAR
- Obradoiro de Prevención Selectiva a través do “Curso de Alfabetización Básica para Persoas Adultas”.
- Obradoiro de Prevención Familiar.
- Elaboración y divulgación de material informativo específico para familias.
- Asesoría de atención directa de prevención de drogodependencias individualizada en espazos específicos e horario concreto podéndose organizar reunións con previa cita.
- Relación e colaboración directas das ANPAs coa técnico de prevención de drogas.
ÁMBITO COMUNITARIO
- Obradoiro para deixar de fumar destinado á poboación maior de idade.
- Proxecto “Prevención de drogas dende o cine”
- Curso de Creación de Curtametraxes.
- Ciclo de “Cine y habilidades sociais”.
- 1º e 2º de E.S.O.
- A partir de 3º de E.S.O.
- Organización de obradoiros don diferentes servizos públicos ou asociacións entorno a círculos de interese do público destinatario.
- Proxecto “Cambio de Sentido”
- Organización de Educación Viaria en Educación Primaria.
- Organización de obradoiros de Sensibilización do consumo de drogas na conducción para Educación Secundaria e Postobligatoria.
- Organización dun obradoiro de prevención do consumo de drogas na conducción para la poboación xeneral.
- Xornada práctica en circuíto de cars con monitores expertos e vehículos de autoescola de Conducción Preventiva.
- Xornada práctica de conducción en bicicleta.
ÁMBITO: PROMOCIÓN DA IGUALDADE DE XÉNERO.
- Ciclo de conferencias e obradoiros dirixidos especificamente ás mulleres.
- Colaboración na elaboración de Plans de Igualdade dos 3 concellos, engadindo un apartado específico de prevención de drogodependencias na área de saúde.
ÁMBITO LABORAL
- Orientación e asesoramento en canto al consumo de drogas.
- Divulgación de material informativo de sensibilización sobre riscos asociados ao consumo de drogas no ámbito laboral.
- Sinalización dos espazos sen fume de tódalas dependencias públicas municipais.
ÁMBITO INFORMATIVO
- Divulgación de material informativo elaborado polo Servizo de Prevención de Drogodependencias.
- Actualización continua da documentación específica de prevención de drogodependencias acumulada no Servizo para uso público.
- Estudo sociolóxico de hábitos de consumo de drogas nos 3 concellos.