A anticoncepción de emerxencia comprende aqueles métodos que as mulleres poden usar en caso de emerxencia, dentro dos primeiros días posteriores á relación sexual sen protección, có fin de evitar un embarazo non desexado. A O.M.S. define este método como anticonceptivo, non como abortivo.
As píldoras anticonceptivas de emerxencia deben ser utilizadas só en casos de urxencia, non sendo apropiadas para o uso regular xa que ademAis de non protexer contra as Infeccións de Transmisión Sexual, pódese afirmar que en comparación os métodos anticonceptivos planificados teñen un maior porcentaxe de eficacia na prevención do embarazo. Cabe destacar que o seu uso repetido ten asociados aínda que non predeterminados numerosos efectos secundarios: vómitos, náuseas, mareos, cefaleas, esgotamento, etc.
Normalmente o motivo aludido para xustificar a toma da píldora postcoital responde á rotura do preservativo, pero en moitas ocasións o motivo real asóciase ao esquecemento de usar o preservativo, non levalo, non ter ganas de poñelo ou sinxelamente non atreverse a propoñer usalo; despois da diversión “inicial” chega a angustia, o medo e a espera a que a píldora contraceptiva evite o embarazo. As situacións nas que se deben usar os métodos anticonceptivos de emerxencia son:
- Relación sexual sen protección anticonceptiva.
- Cando falla o método anticonceptivo usado ou existe un erro na súa utilización/administración:
- Rotura do preservativo.
- Esquecemento na toma da píldora anticonceptiva.
- Parche anticonceptivo despegado durante máis de 24 horas.
- Retirada temporal do anel vaxinal durante máis de 3 horas.
- Expulsión do DIU coincidindo có coito.
- Esquecemento na administración da inxección anticonceptiva de proxestáxeno.
Para tomar este tratamento débese acudir á farmacia, Centro de Planificación Familiar, Centro de Saúde ou ao hospital. Trala relación sexual sen protección é convinte acudir ao médico polo posible risco de contaxio de I.T.S.
PÍLDORA POSTCOITAL
A píldora postcoital, tamén coñecida como píldora do día despois, é un anticonceptivo de urxencia que evita o embarazo cunha alta porcentaxe de éxito, aínda que a súa efectividade redúcese có paso do tempo ata un máximo de 72 horas tras a relación coital de risco.
A píldora do día despois evita que o óvulo fecundado permaneza na parede interna do útero cunha efectividade de 95% de tomala nas 24 horas seguintes ao coito e nun 85% se pasan ata 72 horas.
ACETATO DE ULIPRISTAL: A NOVA PÍLDORA POSTCOITAL
O acetato de ulipristal é un novo anticonceptivo de urxencia válido ata 5 días despois do contacto sexual de risco. Esta nova píldora exerce un modulado selectivo de receptores de proxesterona que retrasa ou inhibe a ovulación e a implantación do óvulo fecundado. O acetato foi aprobado pola Axencia Europea do Medicamento (EMEA) en maio do 2009, como anticonceptivo de emerxencia.
O acetato de ulipristal debe tomarse o máis rápido posible nos 5 días seguintes á relación, polo que avanza a nivel temporal sobre a súa antecesora, a “píldora do día despois”. As diferencias entre elas tamén se refiren á efectividade pois a nova píldora é ata 3 veces máis efectiva nas primeiras 24 horas e o dobre nas primeiras 72 horas tras o contacto de risco.
Este novo contraceptivo ten algúns efectos secundarios entre os que destacan: dor abdominal, trastornos menstruais, cefaleas, fatiga ou náuseas.