Skip to Content

Estilos De Educación Familar

¿En Cuál Encajas?


 


¿Existe un estilo “ideal” de pais? ¿acaso hai unha metodoloxía de calidade na educación familiar? ¿como avaliamos a nosa forma de educar? ¿estámolo a facer ben? Cuestións similares son constantes dores de cabeza para pais e nais que se preocupan pola forma de educar aos seus fillos e fillas.


 


La FamiliaA familia é o primeiro axente no que se fundamenta a socialización dos pequen@s e, como tal, actúan como principais modelos de comportamento. O clima familiar no que convive un neno é decisivo para configurar a súa personalidade, actitudes, autoconcepto e maneira de interrelacionarse có medio social e cultural no que vive. Así, o estilo educativo defínese como o conxunto de estratexias utilizadas por pais e nais para influír sobre os fill@s e inculcarlles valores e normas culturais que orienten a súa conducta social. Numerosos estudios falan da correlación entre a boa relación entre pais e fill@s constitúe unha importante protección fronte ao consumo de drogas e outras problemáticas.


Cada familia ten o seu propio estilo educativo, para definir cal é o que predomina sobre a forma de educar familiar a nivel individual debemos analizar dous funcións básicas que se desenvolven na familia:



  • Apoio: demostración de pais e nais de cara aos fill@s de aceptación, afecto, estima e respecto que fomenten a sensación de pertenza e identidade familiar.


  • Control: fai referencia ao grao de intensidade e formas de influenza dos pais de cara aos fillos.

 


Recoñecer o noso estilo educativo pode axudar a melloralo. Hai moitas formas de clasificar os estilos, unha delas é a que segue (CEAPA, “El papel de la familia en la prevención de las drogodependencias”, 2006):





Estilo represivo:

baséase na primacía da autoridade de pais e nais exercida de modo extremo, polo que a comunicación cós fill@s é radicalmente pobre. O apoio que os menores aprecian é baixo xa que este vese somerxido polo interese supremo que adquiren as normas e o seu íntegro cumprimento. Os rapaces actúan por medo ao castigo, preocúpanse en exceso (tendo en conta a súa idade) de non cometer erros que xeren comentarios de desvalorización. O estilo represivo controla pero non apoia.





 


 






 


Estilo sobreprotector:

Estílo Sobreprotectorestablécese un control a través do cariño e non das normas, e se lles protexe en exceso, sen promover que sexan capaces de facerse responsables dos seus actos. Este estilo educativo promove que os nenos e nenas non desenvolvan autonomía, os pais e as nais apoian pero non controlan.















Estilo indiferente:


Estílo Indiferentepais e nais non exercen control sobre os fill@s, nin consolidan vínculos de cariño. Só mostran descontento e desagrado cando os menores molestan. Este estilo educativo nin controla nin apoia.
















Estilo fortalecedor:


Estilo Fortalecedoro control sobre os fill@s é firme pero flexible e razoado, respecta argumentos e pódese someter a modificacións coherentes que atendan á adquisición progresiva de autonomía, o que tamén significa que pouco a pouco asumen novas responsabilidades. Os pais e as nais recoñecen deberes e dereitos. Este estilo educativo apoia e controla, é o máis efectivo en canto a prevención de problemáticas (sobre toda na adolescencia).














¿EXISTE UN ESTILO “IDEAL”?


Se a realidade nos confirma a diario que unha persoa non é igual a outra, canto máis real será esta afirmación aplicada ás múltiples realidades de cada familia. Neste senso, non se poden establecer estilos educativos ideais, aínda que si se poden indicar prácticas consideradas neste tempo e lugar como “prácticas de calidade”:


 


Familia Ideal- Dedicar tempo para falar.


- Interactuar en espacios lúdicos.


- Ser accesibles.


- Comunicar (falar e escoitar).


- Interpretar as súas demandas.


- Responder de forma continxente as súas peticións.


- Ser coherentes e razoables.


- Fomentar a súa participación activa na familiar.


- Etc.