Skip to Content

Adolescencia

NATUREZA E SIGNIFICADO DA ADOLESCENCIA
PUBERTADE
CAMBIOS PSICOLÓXICOS
ETAPAS:
        PRE-ADOLESCENCIA: (8 A 11 ANOS)
        ADOLESCENCIA: (11 A 15 ANOS)
        ADOLESCENCIA: (15 A 18 ANOS)
ADOLESCENCIA AMPLIADA
ADULTOS CONVIRTIDOS EN ADOLESCENTES

 

 

NATUREZA E SIGNIFICADO DA ADOLESCENCIA

Actualmente vivimos nun tempo e nun lugar onde o significado da adolescencia se encontra baixo continua reconstrucción. O contexto no que vivimos está a promover unha significativa ampliación da etapa adolescente nun senso tanto vertical (lonxitudinal) como horizontal (cambios na forma).
   
VentanaA adolescencia é unha etapa difícil, tanto para os rapaces e rapazas protagonistas como para os pais e nais responsables, na que a busca da identidade persoal pode levar a considerar este período como un proceso cunha significación predominantemente conflictiva. O conflicto debe entenderse como unha construcción pois é esencial para o cambio, o crecemento, a formación do pensamento complexo, as inquedanzas, as expectativas, en definitiva, o conflicto supón a busca da identidade, do EU ¿quen son?

 

A propia etimoloxía de adolescencia significa padecemento, atoparse a un mesmo non é tarefa sinxela. Este conflicto (ou crise) e progresión cara a madurez responde a dous cambios que converxen a nivel fisiolóxico e psicolóxico.

 

 

A PUBERTADE

 

Os cambios físicos son constantes durante toda a adolescencia, é imprescindible explicárllelos aos nenos e nenas para que non se asusten cando os experimenten. Cando falamos de adolescencia dende o punto de vista físico estámonos referindo á pubertade nas súas dúas etapas:

  • PubertadPrepubertade: os caracteres sexuais secundarios fanse visibles: pelo en axilas e pubes, barba, crecemento das mamas, crecemento acelerado das extremidades (en ocasións desproporcionado con respecto ao resto do corpo), ensanchamento das faccións, acne, etc.
  • Pubertade: esta etapa leva implícito deixar atrás a infancia para dirixirse á madurez. Os cambios experimentados van desde o olor (notan que as axilas e os órganos sexuais desprenden un olor diferente e algo desagradable), o ton da voz (máis traumático para os rapaces), as primeiras ereccións e exaculacións (soños mollados), a menarquía, etc.

Na maior parte das ocasións a pubertade comeza sobre os 13 anos nas mozas e os 14 nos mozos, por iso o nivel madurativo na pubertade de ambos sexos é diferente. Nesta etapa  prodúcese un crecemento repentino que pode durar 2 ou 3 anos, é frecuente que sexa desproporcionado, por exemplo pode ser que os pés crezan dun xeito alarmante con respecto ao tamaño das pernas, pero o crecemento estabilizarase e, ao final da pubertade, alcanzarase a estatura adulta.


CAMBIOS PSICOLÓXICOS DA ADOLESCENCIA

 

CambiosAs hormonas producen cambios externos visibles pero tamén cambios internos que inflúen no comportamento dos adolescentes. Durante esta etapa de conflicto é normal sentirse confuso ou incluso con certa ansiedade polas novas sensacións, sentimentos, emocións que se están a experimentar.

 

Algúns pais e nais pensan “o meu fillo non era así, son as malas compañías que o están cambiando”. Pero a verdade é que nesta etapa de crise é normal sentirse raro e estar raro, existen unha serie de cambios facilmente recoñecibles nos adolescentes (www.psicologiainfantil.com):

  • Crise de oposición: necesaria para impoñer o conflicto con base na autoafirmación; establécese a necesidade de separarse (psicoloxicamente) dos pais para formar un “eu” autónomo, con independencia intelectual e emocional. O “a miña  nena” pasa a ser unha moza.
  • DesarranxoDesarranxo emotivo: as hormonas tamén orixinan cambios de humor pouco coherentes. Hai veces que o adolescentes perden a paciencia con facilidade, espértanse de mal humor, choran de rabia sen poder evitalo ou, pola contra, un día están cariñosos, mostran interese pola familia, etc. Estes cambios son debidos á revolución hormonal que se está xestando no seu corpo.
  • Narcisismo: os adolescentes conceden unha gran relevancia ao físico. Este novo interese non é alleo ao mundo adulto, pero no caso dos adolescentes ten moita importancia ao ser un centro vital básico na súa vida ata chegar o punto de converterse nunha obsesión creada dende a necesidade de parecerse os estereotipos ideais de estética adolescente socialmente desexable.
  • CriseCrise de orixinalidade: Individual: refírese á autoafirmación, á autonomía con respecto aos “outros” para descubrir quen son “eu”. A necesidade da soidade, chamar a atención coa forma de vestir, falar ou actuar, ter segredos, etc. Social: o adolescente apóiase no grupo de iguais para manifestar a súa desconformidade coas directrices establecidas pola esfera adulta a cal lles impide poder experimentar a súa propia independencia mediante sistemas de valores, orden e normas que afectan á busca da identidade a nivel individual e grupal. Chegamos aquí á “brecha xeracional”, os rapaces teñen a necesidade de integrarse nun grupo de iguais que presente unha certa uniformidade de pensamento, vestimenta, linguaxe, etc. e un apoio incondicional.
  • Sentimento de inseguridade: os cambios físicos son anteriores aos psicolóxicos, moitas veces esta falta de coherencia no desenvolvemento externo e interno provocan unha inseguridade, desconfianza, incomprensión dos rapaces ante o que lles está a suceder que non lles permite recoñecerse a si mesmos e, por tanto, desenvolver un pensamento individual autónomo e libre de complexos.
  • AngustiaSentimento de angustia: provocada en parte pola incoherencia (da que normalmente somos conscientes os adultos) de esixir un comportamento maduro adaptado ás normas adultas, pero outorgar ao tempo a condición de neno para os “privilexios” como o horario, a paga, o vestido... Esta angustia maniféstase mediante:
  • Agresividade: a frustración maniféstase mediante a irritabilidade, a ira, a violencia, etc. todo elo transitorio xa que pasado o momento de tensión elevada (portazos, berros, malas contestacións, choros, ...) vólvese a normalizar a situación cara unha certa tensión sostida.
  • Medo ao ridículo: extremo nerviosismo ante situacións de vergoña que poden supoñer para a persoa taquicardias, trastornos gastrointestinais, calor repentino, etc. Isto pode darse por exemplo cando a roupa non encaixa có entorno ou cando teñen que atravesar lugares nos que son observados.
  • RexeitamentoAngustia expresada de modo indirecto: reaccións de rexeitamento ante mostras de cariño (“xa non son un neno, ¡déixame!”), medo a un exame (quedarse en branco), medo a desagradar, etc.
  • Sentimentos de depresión: necesidade de estar só, melancolía, extrema tristeza,... poden intercalarse con episodios de gran euforia.

Todas estas características psicolóxicas presentes na adolescencia son frecuentes e de normal manifestación, o problema é cando son esaxeradas e non se controlan as consecuencias das mesmas dende a esfera adulta. Débese entender que o adolescente intentará forzar os límites impostos pola familia para saber ata onde pode chegar a súa rebelión, pero en ningún caso se pode consentir a falta de respecto, de autoridade paterna e materna, as conductas centradas esaxeradamente no corpo, etc.


ETAPAS DA ADOLESCENCIA
(www.euroresidentes.com)

PRE-ADOLESCENCIA: 8 - 11 ANOS

 

Pre-adolescenciaA pre-adolescencia iníciase cós primeiros cambios físicos que experimentan na pre-pubertade: crecemento desigual de ósos, músculos e órganos que poden dar unha aparencia algo torpe. Nesta etapa apréndese a negociar, a discernir entre o que é xusto e o que non o é, despréndense do pensamento infantil e comezan a desenvolver o pensamento lóxico que tamén se fará evidente na tendencia a discutir cós pais sobre tarefas, deberes e ordes así como no desexo de participar na toma de decisións familiar (ex.// vacacións).

 

O pre-adolescente mantén có pai e coa nai unha relación de afecto determinantemente influínte nas decisións que adopta, pero tamén comeza a formar grupos de amigos afíns, pandillas. En gran medida nesta etapa os rapaces vense influídos polas relacións cós membros da familia, mestres e, nun sentido exponencial, polos seus amig@s.

 

 

ADOLESCENCIA: 11 A 15 ANOS


Os cambios físicos poden evolucionar de diferente maneira en función da persoa, non todos teñen a mesma temporalidade. O aumento do apetito, a necesidade de durmir máis horas, o olor corporal, cambios no ton da voz e o desenvolvemento dos órganos sexuais son os cambios físicos máis notables nesta etapa.

Por quéO adolescente desenvolve novas capacidades de pensamento no sentido relativo e abstracto. Este novo pensamento permite cuestionar os principios morais, sociais e éticos impostos pola sociedade adulta baixo un carácter predominantemente egocéntrico. Este modo de percibir a realidade e de poder explicala có apoio do grupo de iguais leva a potenciar o conflicto cós pais dos que desexa separarse para poder tomar as súas propias decisións e rebelarse contra as limitacións de disciplina impostas pola familia. Neste senso, resulta lóxico que esta etapa requira unha maior intimidade no fogar.

O concepto que o adolescente ten de si mesmo depende moito de como acepten os cambios dados ao longo da pubertade; establécese unha tendencia xeral a a idear a súa imaxe en relación a estereotipos femininos ou masculinos de estética adolescente comercial, polo que esta imitación e a importancia que lle outorgan ao físico pode supoñer preocupacións excesivas pola raza, altura, pelo, etc. ou mesmo desviacións cara problemáticas de peso.

Os adolescentes apóianse moito nos amigos, os cales poden variar en función das reaccións de uns e outros ante as alteracións no comportamento (cambios de humor radicais en cuestión de horas) propias da etapa, por elo é frecuente cambiar de amigos ou incluír a outros novos na “pandilla”.  Comeza o desexo sexual e con el as primeiras parellas de mozos, neste senso destaca o sexo como temática central do humor, ademais da ironía.


ADOLESCENCIA: 15 A 18 ANOS

 

AmigosNesta derradeira etapa da adolescencia a pubertade xa chegou o seu fin, polo que o físico dos rapaces e rapazas xa se conforman como altura e peso de adultos. Nesta etapa débese ter especial coidado cós trastornos de anorexia.

O pensamento abstracto e hipotético sobre o presente e o futuro consolídase de forma que desenvolven unha nova conciencia social (menor egocentrismo), valores comprometidos (utópicos en ocasións), intencións responsables (desenvolvemento moral), etc. que moitas veces son contradictorias cós propios actos.

Nesta etapa os adolescentes forman a súa identidade, xa saben quen son, que lugar ocupan, a onde se queren dirixir,... e ademáis son capaces de comprender aos seus pais, polo que aínda que as discusións poden continuar baixo outra perspectiva máis madura, prodúcese un entendemento que relaxará as relacións entre pais e fillos.

 

As amizades entre adolescentes de ambos sexos son cada vez máis frecuentes e a súa influencia determinante para o pleno desenvolvemento da identidade propia da persoa .


AMPLIACIÓN DA ADOLESCENCIA, ¿CANDO REMATA?

 

MafaldaNa etapa actual está a suceder un fenómeno historicamente novo de cara ao desenvolvemento vital das persoas: “actualmente moitos mozos prefiren alongar o status social de etapas anteriores (infancia e adolescencia) porque resulta menos esixente que o estatus adultos” (Castillo, G. (1999) El adolescente y sus retos: la aventura de hacerse mayor. Madrid. Pirámide). Hai persoas que pola súa idade deberían ser consideradas adultas pero o seu estilo de vida e madurez non se corresponden coa etapa na que están, permanecendo así nunha “adolescencia ampliada”.

 

Gran parte de culpa da consolidación desta anomalía no desenvolvemento natural da personalidade é debida ao atraso da emancipación dos fill@s ocasionado, na súa maior parte, polo elevado desemprego dominante neste colectivo. O problema non reside tanto naqueles mozos e mozas que teñen un proxecto vital pero que non encontran traballo que lle permita desenvolvelo, coma no grupo formado por aqueles moz@s que se escudan na dificultade (real) para atopar emprego e xustificar así o feito de non molestarse en buscalo e continuar así vivindo no fogar familiar cós mesmos privilexios que cando eran adolescentes e, á súa vez, adquirindo maiores liberdades que por idade teoricamente lle corresponden.

AaaahhhEntón é cando nais e pais como adultos pregúntanse ¿como debería tratar ao meu fillo se pola súa idade xa é maior pero pola súa madurez non sae de adolescente?

Establécese así unha certa crise de identidade (adolescencia: idade propia para o desenvolvemento e/ou reflexión do proxecto de vida e toma de decisións para o futuro) provocada pola desconexión entre o momento madurativo que lle corresponde vivir por natureza e a falta de madurez psicolóxica ocasionada en parte polas novas variables socioeconómicas dominantes na sociedade capitalista; o relevo xeracional vese fortemente alterado dun xeito artificial.


ADULTOS CONVIRTIDOS EN ADOLESCENTES

 

A xuventude é unha atractiva etapa cargada de novidades, expectativas, ilusións, etc. sen excesivas responsabilidades e con moitas liberdades, é a etapa onde se desenvolve o proxecto de vida ideado na adolescencia. En conxunto, a xuventude resulta unha etapa desexable, entón... ¿por que chegar a maior se podes quedar en mozo?

AdultosA xuventude é unha etapa socialmente comercializada, posúe valores e actitudes estereotipados sinxelos de producir e vender a través, principalmente, dos medios de comunicación. A actitude presentista, conformista e narcisista imponse desbancando a posta en marcha do proxecto de vida de moitos moz@s, prolongando a consolidación da “adolescencia ampliada”, sen decatarse de que tódalas etapas do ciclo vital son importantes para a nosa realización como persoas completas e non quedarnos así en completos adolescentes. Cada etapa vital posúe unhas condicións e unhas posibilidades que debemos saber aproveitar.
   
Actualmente a post-adolescencia atópase superpoboada; a nivel social a xuventude é considerada como un valor moi cotizado mentres que ser maior enténdese como unha limitación. Esta reduccionista visión é reflexo da forma de vida que nos ven imposta dende a sociedade de consumo na que vivimos:

  • Mozos que non queren asumir as implicacións da xuventude e quédanse en adolescentes.
  • Adultos que renegan da  etapa adulta e queren reconverterse en mozos