Skip to Content

Consumo de drogas e relacións sexuais

Drogas e sexualidade responde a un binomio cargado de mitos, falsas realidades, pero fortemente arraigado á nosa cultura. Xa se relataba en tempos históricos á busca de homes e mulleres de cara a sumerxerse en realidades alternativas á propia mediante o consumo de substancias externas que mellorasen ou tan só cambiasen momentaneamente a calidade dos nosos estados e relacións persoais, sociais, culturais, sexuais, inspiracións... Neste senso, a experimentación con drogas para mellorar o rendemento erótico-sexual non se reduce á esfera adolescente senón que abarca tódolos tempos, espazos e idades.


Lonxe de que as drogas constitúan un estimulante sexual (recreación das expectativas con respecto ao seu consumo), estas substancias son inimigos da resposta sexual, do crecemento erótico e do intercambio amoroso. O espazo íntimo da parella non se reduce á importancia do que as persoas fan, senón fundamentalmente como cada membro o vive, que significados lle outorga e que valores, sentimentos e emocións se poñen en xogo.


A continuación expóñense os efectos que ten o consumo de cada unha das seguinte drogas nas relacións sexuais:


TABACO

 

TabacoFai tempo que a imaxe do “cigarrillo do despois” quedou claramente desvirtuada polas numerosas investigacións realizadas que vinculaban directamente o tabaco coa impotencia sexual, a redución no volume da exaculación, a diminución de espermatozoides así como a perda significativa da súa calidade.

 

Cando a relación entre o consumo de tabaco e a aparición de enfermidades cardiovasculares e cardiorrespiratorias foi evidente, promovéronse fructíferas investigacións que determinaron que o consumo de tabaco causa alteracións nos vasos sanguíneos que irrigan o corazón, e por extensión ó sistema cardiovascular, o mesmo sucede có rego sanguíneo peneano.

 

A impotencia do fumador é debida a problemas circulatorios. A nicotina dificulta a irrigación sanguínea obstruíndo as arterias peneanas que ptrecisan dilatarse para alcanzala erección, o tabaco reduce a presión sanguínea do interior do pene.

 

No caso da muller, o consumo de tabaco tamén perxudica ás relacións sexuais posto que este diminúe o fluxo vaxinal necesario para manter relacións sexuais satisfactorias. Ademáis, a toma da pilula anteconceptiva unida ao consumo desta droga potencia a probabilidade de padecer enfermidades circulatorias, sen esquecer os problemas que provoca o tabaco nos bebés das mulleres embarazadas.

 

Algo constatado é que o tabaco produce mal alento, o que habitualmente non gusta á parella. Esta halitosis diminúe a líbido e pode orixinar un rexeitamento á relación sexual.

ALCOHOL

 

A fama do alcohol como potente excitante sexual baséase nos seus efectos desinhibidores, os cales provocan unha perda de control dalgunhas emocións podendo facilitar a aparición do impulso sexual. Así mesmo, o alcohol tamén é un potente depresor do sistema nervioso central implicado directamente na erección, provocando dificultades na penetración e no coito.

 

Shakespeare definía perfectamente esta situación: “o alcohol provoca o desexo pero frustra a execución”.

 

Tanto no home como na muller a inxesta de alcohol diminúe o pracer e a intensidade do orgasmo. No caso da muller reduce a resposta orgásmica e no home, a partir dos 0,5gr. de alcohol por litro de sangre, produce efectos de supresión da erección.

 

Por outra banda, a desinhibición que provoca o consumo de alcohol ten moito que ver coa perda do control e a asunción de conductas de risco que evitaríamos en condicións normais:

  • Protección de cara ás I.T.S. e embarazos non desexados. A inxesta de alcohol provoca unha falsa sensación de inmortalidade e perda de percepción de risco. A transmisión de infeccións de carácter sexual e os embarazos non desexados a miúdo suceden baixo os efectos dalgunha droga, con especial relevancia o alcohol.
  • Perda do respecto de cara á parella. O alcohol potencia o egocentrismo e a necesidade de cubrir as nosas propias necesidades ou desexos, polo que aínda que o seu consumo nunca xustifica un abuso ou unha agresión, as persoas que o consumen si están asumindo posibles situacións de risco como abusadores (inconscientes ou conscientes) ou como vítimas.


CANNABIS (MARIHUANA E HACHÍS)


O cannabis ten efectos depresores sobre o cerebro o que provoca unha relaxación física e mental que favorece a desinhibición no comportamento, efectos moi similares aos do alcohol.

 

Investigacións científicas demostraron que o consumo continuado de cannabis retarda os reflexos e na esfera sexual ten outras repercusións:

  • Diminúe a lubricación vaxinal (maiores posibilidades de coito doloroso).
  • Inhibe a producción de hormonas masculinas e femininas.
  • Diminúe a producción de esperma e aumenta o número de espermatozoides anómalos.
  • Investigacións animais demostran que pode suprimir a ovulación e facilita irregularidades no ciclo mestrual.
  • A altas doses pode producir alteracións no embrión, retardo do desenvolvemento fetal e aumento da probabilidade de aborto espontáneo.
  • Reduce as sesacións táctiles e a resposta sexual.
  • O consumo continuado conduce habitualmente ao desinterese sexual.

COCAÍNA


Disfunción EréctilÉ moi habitual que popularmente se relacione o consumo de cocaína coa estimulación sexual, pero o que non se nomea son as habituais disfuncións sexuais que provoca:

  • Nos consumidores habituais son frecuentes os denominados trastornos na erección, a impotencia (incapacidade de erección) así como o priapismo (erección mantida e dolorosa) tras o consumo.
  • Despois, aparecerá un desinterese sexual tanto no home como na muller.
  • Algunhas persoas espolvorean a cocaína polos seus xenitais coa intención de potenciala sensibilidade e excitación. Sen embargo, a cocaína é un potente anestésico local polo que a sensibilidade da zona onde se aplique disminuirá ou desaparecerá.
  • O uso prolongado de cocaína pode producir un deterioro do sistema nervioso central que orixine unha diminución directa do funcionamento sexual.

DROGAS DE DESEÑO

 

Moitos son os nomes dados ás pilulas propias do conxunto de drogas de deseño, sen embargo as máis populares son análogos das anfetaminas METH ou speed e MDMA ou éxtasis. O seu consumo crónico pode causar trastornos mentais moi graves con síntomas de esquizofrenia.

 

As drogas de deseño son potentes estimulantes que distorsionan a actitude de cara ás relacións sociais e sexuais desinhibindo totalmente o comportamento e chegando a provocar a perda do control. Esta desinhibición pode provocar un aumento do desexo con numerosas complicacións na súa execución e a asunción de conductas de risco con I.T.S. asociadas así como embarazos non desexados.

 

Os efectos sobre o funcionamento sexual son os seguintes:

  • Na muller dificulatan a excitación e provoca problemas para alcanzalo orgasmo.
  • No home dificulta o mantemento da erección e retrasa a exaculación.
  • En ambos establécese unha dificultade no referente á execución e disfrute da relación sexual.


É difícil ou imposible determinar os efectos que as pilulas poden provocar sobre o organismo porque non se pode xeneralizar sobre os compoñentes cós que están adulteradas, non hai unha pilula igual a outra.

HEROÍNA

A aparición de importantes alteracións sexuais nos consumidores de heroína e morfina son normais. De feito a heroína é un potente depresor do sistema nervioso central que no home provoca a diminución da hormona maculina testosterona, a diminución do interese sexual, retraso na exaculación, alteracións na erección e impotencia; no que respecta á muller, adoita ter a líbido deprimida, polo que diminúe o interese sexual, terá dificultades para conseguir o orgasmo e poderá experimentar unha redución no tamaño das mamas.

 

Para os adictos tanto a heroína como a morfina producen uns efectos de maoir pracer que a propia actividade sexual, polo que esta é substituida polo “chute”. Ademáis, resulta evidente que o interés principal dos adictos é conseguir os cartos e o camello que lle proporcione a dose diaria, polo que outros intereses (entre eles o sexual) son ignorados.

 

Os problemas descritos tamén poden ser reflexo da debilidade, depresión, mala alimentación, enfermidades infecciosas e, en definitiva, o estilo de vida caótico propio dos adictos á heroína.

BIBLIOGRAFÍA


http://www.publispain.com/sexologia/drogas_y_sexo.html
http://www.aidex.es/observatorio/orienta/osalud/osexual/drogasexo.htm
http://www.consumer.es/web/es/salud/problemas_de_salud/2006/10/20/156517...
http://www.educasexo.com/salud/tabaco-y-placer-sexual.html
http://www.amaltea.org/component/option,com_akocomment/task,quote/id,110...