Skip to Content

I.T.S.

preservativos de colores

INFECCIÓNS DE TRANSMISIÓN SEXUAL

¿QUE SON AS I.T.S.?Amplía as túas miras

 

As I.T.S. son Infeccións de Transmisión Sexual que as persoas poden contraer cando manteñen contactos sexuais vaxinais, anais ou buco-xenitais sen protección ou durante o embarazo e/ou parto da nai cara os bebes.

 

O axente causal das Infeccións de Transmisión Sexual pode ser un virus, unha bacteria, un fungo ou un parásito. Toda persoa portadora da I.T.S. transmitirá a súa infección a outra/s parella/s no caso de manter relacións sexuais sen protección antes de ser tratados medicamente.

 

Ningunha persoa sexa da idade que sexa está libre de contaxio se mantén relacións sexuais de risco, e padecelas unha vez non producen inmunidade. Para a súa eliminación terán que ser tratadas o antes posible con antibióticos específicos con receita médica.
   
¿SON MOI FRECUENTES?


Estas infeccións están a experimentar un destacable aumento nos últimos anos como consecuencia dos cambios nos estilos de vida, costumes, novos socializadores, incremento da etapa adolescente (comeza antes e remata máis tarde), diminución da percepción de risco de cara ao contaxio, aumento da sensación de invulnerabilidade xuvenil, inicio prematuro e abusivo no consumo de drogas legais e ilegais, deficiente educación sexual, vergoña de acudir ao médico...

As razóns do aumento da transmisión de I.T.S. intégranse en gran parte das dimensións que abarcan a nosa vida mentres que a explicación redúcese a unha: a responsabilidade. Estamos nun momento social no que xa non se trata de culpabilizar a aqueles que erran senón a educalos para previr.

 

A maior parte das veces a sociedade adulta culpabiliza a aqueles moz@s que visibilizan un problema, sobre todo cando se trata dun problema de lexitimidade moral. Quizais a crítica non debe ter un sentido unidireccional cara os e as adolescentes que erran, senón que tamén se debera dirixir cara a poboación adulta como aqueles portadores da responsabilidade educadora dos máis novos. A crítica debe ser constructiva, reflexiva e necesariamente ten que supoñer melloras a través da educación.

¿COMO SE PREVEÑEN?

 

O método de prevención das I.T.S. Nas relacións sexuais máis efectivo é o preservativo masculino e feminino, sempre e cando se utilice correctamente.

 

Tamén é certo que non debemos reducir o medio de transmisión destas infeccións á simple penetración, senón que tamén se poden contaxiar polo roce xenital ou coas mans, compartir artículos eróticos e hixiénicos, roupa interior, etc.

 

Se se é portador/a dunha I.T.S. O máis cauto é absterse de manter relacións sexuais ata acudir ó médico, cercionarse do diagnóstico e, de ser o caso, cumprir o tratamento. Ademáis, o correcto é informar ás parellas sexuais dos derradeiros 6 meses sobre o teu caso para que se poidan facer as probas pertinentes e tratarse medicamente e así evitar novos contaxios .

¿CAL É A ORIXE DAS I.T.S. ?

 

ORIXE BACTERIANA

  • Infeccións gonocócicas
  • Uretrites non ganocócicas
  • Chancroide
  • Sífilis


ORIXE VÍRICA

  • Herpes xenital
  • Condinomas acuminados
  • VIH
  • Hepatite
  • Molusco contaxioso


ORIXE FÚNXICA

  • Candidiase vaxinal


CAUSADA POR PROTOZOOS

  • Tricomoniase


ECTOPARASITOSES COMO ITS

  • Escabiose
  • Pediculose Pube

 

¿COMEZAN TÓDALAS I.T.S. POR CONTAXIO SEXUAL?

 

Non, pero debemos ser conscientes de que se unha persoa é portadora da infección  os sous membros da parella teñen que tratarse para evitar continuar contaxiándose mutuamente a infección e, se é o caso, non contaxiala a outras parellas sexuais.


VÍA DE TRANSMISIÓN UNICAMENTE SEXUAL

  • Gonorrea
  • Clamidia
  • V.I.H./SIDA
  • Sífilis
  • Herpes Simple
  • Hepatite B
  • Virus do Papiloma Humano

 

POSIBILIDADE DE INFECCIÓN NON SEXUAL

  • Vaxinitis
  • Cándidas
  • Parásitos: sarna ou piollos pato
  • Infeccións Urinarias
  • Tricomonas


I.T.S. MÁIS COMÚNS

 

GONORREA (GONOCOCIA)

 

    Infección causada pola bacteria Nesseira gonorrea e transmitida mediante contacto sexual. Afecta especialmente á uretra, colo uterino, ano e farinxe.
    A gonorrea non sempre produce síntomas, ademáis de que estos poden aparecer entre tres días e tres semanas despois do contacto sexual coa persoa infectada.
•    Síntomas no home: de 2 a 6 días despois inflamación da uretra, secrecións de pus de cor amarelo, escozor, picor e dor ao orinar.
•    Síntomas na muller: poden non aparecer ou presentar secreción purulenta na vaxina, picor e dor ao urinar.
•    A infección no recto causa picor anal, dor rectal, moco nas feces, sangrados ou estrinximento intestinal.
•    Manter sexo oral cunha persoa portadora da infección pode provocar farinxite gonocócica.
•    De non tratarse pode aparecer...: esterilidade, dor no pene, enfermidade inflamatoria pélvica,  artrite. No caso dos neonatos de nais infectadas a infección pode producir cegueira e conxuntivite.

CLAMIDIA


    É unha das I.T.S. máis comúns, sendo a maior parte dos afectados menores de 25 anos. A causa da clamidia é a bacteria Chlamydia trachomatis.
    Moitas veces, sobre todo nas mulleres, non aparecen síntomas. Aínda así pasaremos a enumeralos.
•    Síntomas no home: secrecións polo pene, dor ao urinar e síntomas de epididimite (inflamación dos canos do seme) e prostatite.
•    Síntomas na muller: sangrado despois do coito vaxinal e entre as regras, dor abdominal, supuración vaxinal, cervicite mucopurulenta, enfermidade inflamatoria pélvica, ou dor crónica pélvica.
•    En homes e mulleres pode producir secreción e malestar anorrectal, conxuntivite ou dor nas articulacións.
•     De non tratarse pode aparecer...: Aos homes pódenselle inflamar os condutos espermáticos e bloquearse. Nas mulleres pode ocasionar a enfermidade inflamatoria pélvica e obstruír as trompas de Falopio.


SÍFILIS


    É unha I.T.S. Que está a experimentar un aumento nos últimos anos. transmítese por vía sexual (vaxinal, anal ou oral), sanguínea e de nai a fillo durante o embarazo ou parto (sífilis conxénita). Está causada pola bacteria Treponema pallidum.
    Esta grave enfermidade evoluciona por etapas:
1.    SÍFILIS PRIMARIA: despois de 9 a 90 días (período de incubación) aparece un vulto que despois forma un chancro, con bordos duros, secreción purulenta e non doloroso. O chancro sifilítico sitúase na zona de contacto secual (xenitais, ano e/ou boca), ás 4 ou 6 semanas cura sen máis explicación. Pero sen tratamento a enfermidade continúa.
2.    SIFILIS SECUNDARIA: ao cabo de 8 semanas aparecen febre, dores musculares, malestar xeneral, inflamación nos ganglios, erupcións en peito, espalda, brazos e pernas (roséola sifilítica).
3.    SÍFILIS TERCIARIA: Ao cabo de 2 a 6 anos evoluciona con lesións moi destrutivos no sistema nervioso central, cardiovascular e óseo articular.
•    De non tratarse pode aparecer...: lesións no corazón e nos vasos sanguíneos causando fallos cardíacos; lesións no cerebro e na médula espinal causando parálisis, trastornos psíquicos e demencia; malformacións e incluso a morte do recén nado.

VIRUS DO PAPILOMA HUMANO/ CONDILOMAS ACUMINADOS


    É un virus altamente contaxioso causado polo V.P.H. En moitas ocasións non producen síntomas, aínda así ás veces preséntanse verrugas xenitais 3 meses despois da relación sexual localizadas do seguinte xeito:
•    Síntomas no home: no freo, glande, prepucio e zona perianal.
•    Síntomas na muller: na vaxina, colo uterino, zona perianal e vulva.
•    De non tratarse pode aparecer..: Existen moitos tipos chegando algúns deles a producir cancro de colo de útero, vaxina, vulva, pene ou ano.

VIH/SIDA


    A Síndrome da Inmunodeficiencia Humana (SIDA) está causada polo Virus da Inmunodeficiencia Humana (VIH). Este virus transmítese fundamentalmente a través das relacións sexuais (fluxos vaxinais e seme), aínda que tamén se contaxia por sangue e de nai a fillo.
    Na actualidade hai aproximadamente un 25% de persoas infectadas polo VIH que non o saben, polo que se se teñen prácticas sexuais de risco e varias parellas sexuais é moi recomendable facerse a proba.
    A enfermidade maniféstase entre 8 e 10 anos despois da súa transmisión. Caracteríszase polo deterioro do sistema defensivo natural do organismo que facilita a aparición de infeccións e procesos cancerosos resistentes aos tratamentos habituais.

HERPES XENITAL


    É unha infección causada polo virus herpes simple (VHS). Transmítese por contacto sexual, normalmente vaxinal, anal ou oral-xenital, aínda que tamén xurden casos por contacto a través das mans.
•    Síntomas en homes e mulleres: dores e inflamacións arredor dos xenitais, síntomas semellantes aos da gripe e escozor ao urinar.
•    De non tratarse pode aparecer..: reaparición dos síntomas, nalgúns casos relacionados con stuacións de estrés. Incremento do risco de padecer cancro de colo de útero e de darse lesións cerebrais en fill@s de mulleres infectadas e incluso abortos ou nacementos prematuros.

HEPATITE B


    Provocado polo virus da hepatite B (VHB) pódese adquirir por relacións sexuais (vaxinais, anais ou orais), por contacto sanguíneo ou de nai a fill@.
•    Síntomas en homes e mulleres: fatiga, malestar, dor nas articulacións, músculos e cabeza e ictericia.
•    De non tratarse pode aparecer..: Se a infección se cronifica a persoa infectada pode transmitir hepatite B toda a súa vida.
•    Existe unha vacina eficaz incluída no calendario de vacinación infantil dende 1994. As persoas non vacinadas e con relacións sexuais non protexidas deben vacinarse.

CÁNDIDA/ INFECCIÓN VAXINAL POR HONGOS


    Trátase dun hongo que coloniza as mucosas xenitais. O seu orixe non ten por que ser por contacto sexual, aínda que unha persoa infectada por motivos propios si o transmitirá se mantén relacións sexuais sen protección.
•    Síntomas en homes e mulleres:  aumento da secreción vaxinal (vólvese branca e espesa), ás veces acompañada de picor intenso.

TRICOMONAS


    Ven causada por un protozoo parásito chamado Tricomona vaginalis. É unha infección vaxinal moi frecuente que afecta sobre todo a mulleres.
•    Síntomas no home: irritación temporal dentro do pene, secreción ou ardor leve despois de urinar ou manter relacións sexuais.
•    Síntomas na muller: fluxo vaxinal abundante de cor amarelo verdoso ou gris verdoso, fedorento e proído vulvar intenso.

PARÁSITOS


•    SARNA OU RAÑA: causada por un ácaro, produce un picor intenso que aumenta progresiamente e ademáis afecta á pel con pregamentos.
•    PIOLLOS PATO: producido por uns parásitos que viven na peluxe púbica. O síntoma máis frecuente é o picor intenso.
•    TRATAMENTO: ambos parásitos trátanse con locións e xabóns específicos.