Skip to Content

ALERTA, ALERTA! O xel desinfectante non é apto para o consumo humano

xel prevencion de drogasNo mes de abril chegaba aos xornais a noticia da hospitalización de estudiantes universitarios de Estados Unidos a consecuencia da inxesta de xel hixienizante coa única finalidade de finalidade de emborracharse.

Este feito tan curioso e irracional acércase á nosa realidade con motivo de informacións recollidas na cidade de A Coruña. A alerta producíuse a partir de informacións que apuntan a que mozos e mozas que participan no botellón consumen xel desinfectante coa finalidade de emborracharse. Esta inconsciencia pode desencadear graves consecuencias para a saúde pois, como afirma o xefe do Sevizo de Pediatría do Hospital materno-infantil Teresa Herrera, Gerardo Rodríguez Valcárcel, trátase de produtos desinfectantes que teñen unha base de alcohol non apto para a inxestión cunha concentración do 70%. Existe un alto risco de que os consumidores padezan danos cerebrais ou hipoglucemias que terminen en morte.

A Policía Nacional apuntaba que carecen de confirmación oficial deste feitto, ainda que si varios indicios que o supoñen. Tódalas informacións apuntan a que se trata dunha moda puntual entre os adolescentes que non parece que será xeneralizada