Skip to Content

Isto é un delito?

¿Esto Es Un Delito?


¿ CANDO SE CONSIDERA QUE EXISTE AUTOCONSUMO?Autoconsumo

 

Enténdese que para que a posesión dunha cantidade de drogas se considere para consumo propio, esta non pode superar o que se considera a cantidade habitual de consumo da persoa xulgada de 3 a 5 días. Por tanto, a cantidade considerada como de autoconsumo é variable en función da situación e características propias do consumidor.

Para a estimación desta cantidade resulta básica a valoración xudicial de informes médicos que permitan coñecer o grao de dependencia do consumidor.


 

¿CALES SON AS CANTIDADES ENTENDIDAS COMO DE AUTOCONSUMO?

 

Estas cantidades son orientadoras, xa que varían en función da persoa consumidora (por elo é preciso un informe médico) e estímanse sobre unha temporalidade de 3 a 5 días:

Cantidades

 

-Heroína:     máximo total de 3 gr.

 

-Cocaína:    máximo diario de 1,5 gr.

 

-Éxtase:      máximo diario de 3 pastillas.

 

-LSD:          máximo total de 4 doses.

 

-Haxix:        máximo diario de 5gr. e

                    máximo total de 50 gr.

 

 

¿É LEGAL O AUTOCULTIVO DE MARIHUANA?


Non, a lei expresa con claridade que é un delicto por favorecer ou promover o consumo de drogas ilegais. Sen embargo a tendencia xeral nos tribunais españois é a admitir o autocultivo sempre e cando a súa cantidade non supere o consumo propio anual. Isto é, se o tribunal entende que a túa planta é para consumo propio non existirá infracción penal.

No proceso xudicial terase en conta o modo de vida do denunciado, así como os seus ingresos e o nivel de vida que mantén.

 

¿É O MESMO O CULTIVO DO CANNABIS SATIVA QUE A TENENCIA DA DROGA?

 

CannabisNon. A planta de por si non constitúe unha droga, xa que o haxix, a marihuana e o aceite de haxix necesitan extraerse da planta para consumirse.

Nunha incautación deberase estimar a cantidade de droga da que o cultivador dispón. Para elo, a Garda Civil pesará a planta con raíces e calculará a tenencia da droga sobre o 5% e o 15% do total do peso. Esta cantidade estimada poderá ser utilizada no proceso de denuncia.

 

 

 

 



¿É LEGAL CONSUMIR DROGAS NUN LOCAL ONDE SE PERMITE FACELO?


Non, a lei é moi clara neste sentido: “Constitúen infraccións graves á seguridade cidadá o consumo en lugares, vías, establecementos ou transportes públicos, así como a posesión ilícita, aínda que non estivese destinada ao tráfico, de drogas tóxicas, estupefacientes ou substancias psicotrópicas” (art. 25. Lei orgánica 1/1992).

 

¿CANDO SE CONSIDERA QUE EXISTE “TRAPICHEO”?

 

Aínda que sexa un regalo, un préstamo, a propia posesión ou venda de substancias ilícitas, considérase tráfico de drogas e é xulgado como tal.

Neste senso cabe destacar que no caso de que a policía lle requise droga a un suxeito concreto, se este di que tamén é dos seus amigos e simplemente está a gardárllela (así quizais se reduza a cantidade de droga por persoa e poida ser considerada como autoconsumo), pode ser considerado como regalar ou facilitar o consumo, o que está penado pola Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá.

 

¿A QUE SE REFIREN CANDO FALAN DE UTENSILIOS PARA O TRÁFICO DE DROGAS?


No caso de requisar utensilios sospeitosos de poder ser usados para dividir ou cortar a substancia ilegal, poderán ser considerados como instrumentos para o tráfico de drogas:

  • Cartos enrugados.
  • Placa con marcas
  • Anacos de diferentes tamaños
  • Bolsiñas con diferentes doses
  • Navallas
  • Balanzas
  • Etc.

¿AS SANCIÓNS EN MATERIA DE DROGAS TEÑEN UN LÍMITE ESTABLECIDO?

 

Aínda que por norma xeral hai uns máximos de sanción económica e de cárcere establecidos en canto ás infraccións administrativos e penais (apartado Leis que nos afectan), existen certas circunstancias que poden ampliar os anos de prisión ata 13, así como cuadriplicar as multas económicas no caso de darse:

  • A cantidade de drogas é esaxerada (ex./ 2,5 Kg. cannabis, 300gr. Heroína...).
  • Facilitarse o acceso a drogas a menores de idade.
  • Venderse en centros educativos.
  • Utilizar a menores de 16 anos para vender a droga.
  • Trapichear cunha persoa en deshabituación.
  • Adulterar a substancia.