-
¿COMO FALAR DE DROGAS COS FILL@S?
-
PAUTAS A RESPECTAR PARA FALAR DE DROGAS COS TEUS FILL@S.
-
¿QUE DICIR?
-
NEN@S DE PREESCOLAR
-
NEN@S DE 5 A 8 ANOS
-
NEN@S DE 9 A 11 ANOS
-
MOZ@S DE 12 A 14 ANOS
-
MOZ@S DE 15 A 17 ANOS
-
-
¿POR QUE FALAR DE DROGAS COS FILL@S?
A familia é a mellor rede de protección social que posuímos as persoas, debe manter cubertas as necesidades de: aceptación incondicional das características de cada membro, recoñecemento como persoa e o acollemento e afecto de todos eles. Numerosos estudos afanáronse en demostrar que o ambiente familiar inflúe determinantemente no desenvolvemento persoal, social e membros, chegando á conclusión de que unhas relacións familiares positivas de vínculo, intimidade e afecto entre os seus membros, levan consigo unha menor probabilidade de que a mocidade consumo drogas (Grichting y Baber, 1980).
Cabe destacar que os problemas de comunicación, o illamento emocional dos rapaces, as críticas, a presión, a escaseza de sensibilidade de cara ás necesidades dos fill@s, a ausencia de afecto e a inseguridade acerca do aopio, constitúen factores de risco asociados o consumo de drogas. Debemos ter en conta que a prevención de drogas non é unha cuestión concreta na que debemos aclarar conceptos sobre a nocividade destas substancias , senón que existen multitude de valores, circunstancias, costumes, factores persoais, etc que interveñen nesta problemática: habilidades sociais e relacionais, autoestima, capacidade de toma de decisións, empatía, alternativas de ocio, redes sociais, ...
¿COMO FALAR DE DROGAS COS TEUS FILL@S?
PAUTAS A RESPECTAR PARA FALAR DE DROGAS:
-
Información adaptada á idade.
-
Información veraz, obxectiva, clara e realista. É importante non dramatizar.
-
Evitar sermonear. Cando a conversación se convirte nun monólogo os pequenos adoitan desconectar.
-
Escoitar sen interromper e sen censurar. Debemos evitar crear tabús, hai que escoitar as opinións enteiras dos fillos (sen adiviñar o que van dicir) para coñecer a súa forma de pensar e poder adecuar a nosa resposta ás necesidades indiciduais.
-
Evitar caer no interragotorio, fomenta a desconfianza.
-
Aproveitar momentos apropiados para a conversa.
¿QUE DICIR?
NEN@S DE PREESCOLAR
Esta idade identifícase coa curiosidade e a plasticidade, polo que é importante desenvolver unha educación saudable na que os nenos e nenas comprendan as diferencias entre o “bo” e o “malo”. Nesta etapa a educación preventiva débese basear na promoción de actitudes, valores e habilidades saudables e non tanto en ensinar contidos específicos. Deste xeito podemos:
-
Reflexionar sobre o por que dos alimentos saudables.
-
O consumo de doces, o uso fronte o abuso (indixestión, obesidade...)
-
Indicar os productos tóxicos que hai no fogar, leer as etiquetas e explicar por que son tóxicos.
-
Falar dos medicamentos, o prexudicial da automedicación (uso/abuso)
-
Estimular o xogo cooperativo para desenvolver habilidades relacionais. Rexeitar conductas excesivamente competitivas e valorar positivamente os xogos grupais.
-
Ante a frustración (polo xogo, deberes, obrigas na casa...) promover o adestramento da resolución de problemas.
-
Axudarlles a tomar decisións (comida, roupa, agasallos...).
NEN@S DE 5 A 8 ANOS
Nesta etapa os nenos e nenas intensifican o seu interese polo mundo que hai fóra do entorno familiar, é o momento de comezar a falar das drogas legais (tabaco e alcohol). Para isto debemos relacionar a saúde coa enfermidade, debater sobre os productos saudables e os non saudables, o ocio activo e o ocio nocivo, etc.
Os nenos a esta idade pódennos poñer en situacións difíciles con preguntas comprometidas ou poñendo en evidencia algunhas contradiccións coas que vivimos (fumar cando lle explicas que o tabaco é malo, beber e conducir, etc.), debemos recordar que somos modelos de conducta e debemos ser consecuentes coa educación que desexamos brindar aos nosos fillos se queremos que esta sexa efectiva. Así pois dos 5 aos 8 anos as familias debemos:
-
Reflexionar sobre como inflúen no corpo as substancias que se consumen.
-
Razoar os motivos de que algúns productos, actividades e hábitos sexan positivos para nós mesmos e outros nocivos ou prexudiciais (consecuencias).
-
Explicar que é unha adicción, a dependencia e como afectan as drogas.
-
Diferenciar entre droga legal e ilegal.
-
Explicar o que é a figura do fumador pasivo
-
Indicar por que aos nenos lles afectan máis o consumo de tóxicos.
-
Concienciar sobre o uso e o abuso dos medicamentos.
NEN@S DE 9 A 11 ANOS
Nesta etapa os rapaces e rapazas encóntranse na etapa final da escola e necesariamente deben saír desta coas ideas claras. Neste senso, debemos aproveitar situacións propias ou alleas, noticias, series de televisión, películas, anuncios, etc. para consolidar a idea de que as drogas son prexudiciais para a saúde desmitificando as falsas e comerciais realidades que vende a televisión ou razoando artigos do xornal, sempre dende unha perspectiva argumentada e sen esaxerar pois isto pode desacreditar os razoamentos preventivos dados e promover a desconfianza entre os rapaces.
-
Explicar os efectos inmediatos do alcohol e tabaco.
-
Explicar os efectos a medio/longo prazo do tabaco e alcohol.
-
Informar brevemente sobre o cannabis.
-
O proceso adictivo das drogas, ¿por que? ¿como recoñecelo?
-
As consecuencias derivadas do abuso de drogas: accidentes de tráfico, pelexas...
-
Motivos polos cales se empeza a consumir: presión de grupo.
-
Reflexionar sobre que tipo de persoas nos gustaría ser.
RAPACES DE 12 A 14 ANOS
A adolescencia é o inicio da etapa de conflicto por excelencia. Os adolescentes adoitan intentar separarse emocionalmente da familia e acercarse ao grupo de iguais nun intento de buscar a identidade persoal, feito que pais e nais habitualmente achacamos á rebeldía e ao afán de discusión e rexeitamento, sen decatarnos dos intensos e radicais cambios que se sofren nesta difícil etapa de cambio.
A adolescencia entón defínese como unha época de confusión, cargada de tensións, con intensos cambios fisiolóxicos que propician cambios repentinos de ánimo , dominado por unha profunda inseguridade que deberá ser respaldada polo apoio, respecto e comprensión da familia.
Para que os fill@s manteñan unha vida saudable resulta imprescindible manter unha boa comunicación (= escoita activa + diálogo) que promova a confianza, o respecto e comprensión e fuxa da indiferencia e a negación. As circunstancias propias desta época presentan moi variadas situacións válidas para falar de drogas:
-
Reflexionar sobre as consecuencias do consumo de drogas legais e cannabis.
-
Indagar sobre os intereses e mitos que sostén ao redor de drogas ilegais.
-
Reflexionar sobre a capacidade de adicción das drogas.
-
Criticar os consumos abusivos e as consecuencias de ditos consumos.
-
Debater sobre os valores e actitudes asociados ás drogas.
-
Informar das consecuencias estéticas do consumo de drogas.
-
Evitar normalizar o consumo de drogas na adolescencia.
MOZ@S DE 15 A 17 ANOS
Nesta etapa os adolescentes están inmersos nunha realidade propia na que conviven factores de protección e expectativas de futuro saudable xunto con factores de risco con numerosas alternativas e formas de consumo de drogas, é dicir, é habitual que estean inmersos en contextos onde exista consumo de drogas (sen ter por que consumilas).
Neste senso, a familia debe actuar como elemento promotor de factores de protección en detrimento dos de risco mediante accións positivas adaptadas á idade d@ fill@. Isto é, para desenvolver unha prevención eficaz débense abordar os temas tendo en conta que os rapaces xa posúen coñecementos acerca das drogas polo que as nosas expectativas educadoras necesariamente teñen que ser argumentadas, razoadas e debatidas, debemos valorar e respectar a opinión que nos brinde o menor para consolidar un clima comunicador e non cohibidor.