Skip to Content

Algúns mitos referidos a: Sexo e consumo de drogas

MITO: O consumo de cocaína axuda a prolongar a duración e aumentar a intensidade das relacións sexuais.
REALIDADE: Despois duns primeiros e breves minutos de excitación sexual, chega unha segunda etapa máis depresiva cunha baixada substancial da lívido.


MITO: Espolvorear cocaína sobre zonas eróxenas ou sobre os propios xenitais potencia a sensibilidade e a excitación sexual.
REALIDADE: A cocaína aplicada directamente sobre a pel actúa como anestésico, polo que reduce ou incluso elimina a sensibilidade na zona aplicada.


MITO: A coca ponte como unha moto!
REALIDADE: Logo de manter un consumo habitual de cocaína, aparecerá un desinterese sexual tanto no home como na muller. O uso prolongado de cocaína pode producir un deterioro do sistema nervioso central que orixine unha diminución directa do funcionamento sexual.

Cabe destacar que nos consumidores habituais son frecuentes os denominados trastornos de erección, a impotencia (incapacidade de erección) así como o priapismo (erección mantida e dolorosa) tras o consumo.


MITO: Tomar unhas copas axuda a romper o xeo para acercarte a un/ha mozo/a e ligar.
REALIDADE: aínda que nun primeiro momento o consumo de alcohol aumenta a desinhibición e provoca unha perda de control dalgunhas emocións podendo facilitar a aparición do impulso sexual. Cabe destacar que o alcohol tamén é un potente depresor do sistema nervioso central implicado directamente na erección, polo que provoca dificultades na penetración e no coito.
Como ben expresou Shakespeare: “o alcohol provoca o desexo pero frustra a execución”.


MITO: Cando quero ligar, necesito tomar unhas copas para sentirme máis segura, máis sexy.
REALIDADE: É certo que hai xente que se sente máis segura e con máis confianza cunhas copas demais pero... a inxesta de alcohol provoca unha perda de percepción de risco polo que son moito máis frecuentes as relacións sexuais non consentidas, a transmisión de infeccións de carácter sexual e os embarazos non desexados.


MITO: O outro día cominme unha pasti que nos levou á miña moza e a min ao ceo do pracer sexual.
REALIDADE:    
Na muller dificultan a excitación e provoca problemas para alcanzalo orgasmo.
No home dificulta o mantemento da erección e dificulta e incluso poden chegar a eliminar a exaculación.


MITO: Un porrito antes de ter relacións sexuais é o mellor para evadirte do resto do mundo e concentrarte no tema.
REALIDADE: Neste apartado deberiamos enumeralas;
Reduce as sensacións táctiles e a resposta sexual.
O consumo continuado conduce habitualmente ao desinterese sexual.
Diminúe a producción de esperma e aumentan os espermatozoides anómalos.
Diminúe a lubricación vaxinal (maiores posibilidades de coito doloroso).


MITO: O cigarro do despois é a mellor recompensa a un traballo ben feito.
REALIDADE: Segundo a Asociación Española de Uroloxía, máis do 60 por cento dos fumadores sufrirá disfunción eréctil e case a metade terá problemas de fertilidade ¿Seguro que é unha boa recompensa?