Skip to Content

Factores de risco

SUBSTANCIA, CONSUMIDOR E CONTEXTO


riesgosOs factores de risco en drogodependencias son aquelas condicións ou características, individuais ou ambientais, que aumentan a probabilidade de que un individuo se implique no consumo de drogas ou que este lle provoque problemas importantes. Resulta destacable que a existencia de factores de risco asociados ao consumo de drogas non implica unha necesaria causalidade, é dicir, a maior número de factores de risco ó redor dunha persoa establécese unha maior probabilidade de consumo, pero non é unha correlación imprescindible.

 

Cada factor de risco actúa de maneira interrelacionada có resto de factores persoais, da realidade social e da propia substancia. A complexidade das realidades que inflúen no consumo de drogas obedecen a factores de diversa natureza que se poden clasificar en:

 

 

CARACTERÍSTICAS DA SUBSTANCIA

riesgosCada droga posúe unhas características farmacolóxicas propias que definen as súas diferentes potencialidades adictivas. Se ben é certo que é posible establecer, con carácter xeral, a capacidade adictiva de cada substancia así como os seus efectos sobre o sistema nervioso central, tamén se debe considerar o motivo que leva ao seu consumo inicial e a reiteración do mesmo cando a potencialidade adictiva aínda non domina ao consumidor.

 

É importante coñecer a capacidade adictiva da droga, pero tamén o é recoñecer que o consumo desta toma importancia na medida en que cumpre unha función para o usuario concedéndolle un significado concreto en relación ao contexto no que se encontre.

 

FACTOR DE RISCO: SUBSTANCIA
CLASIFICACIÓN DA O.M.S.
GRUPO I

 OPIO E DERIVADOS:

Mofirna

Heroína

Codeína

Petidina

Pentazocina

Fentanillo

GRUPO II

 BARBITÚRICOS:

Fenobarbital

Amobarbital

Butabarbital

 ALCOHOL

GRUPO III

 COCAÍNA

 ANFETAMINAS

GRUPO IV

 LSD

 CANNABIS

 

 

CARACTERÍSTICAS DO CONSUMIDOR

 

riesgosA persoa consumidora non é un elemento pasivo dentro do proceso de drogodependencias senón que é quen outorga significado e dota de interpretación a substancia, aos seus efectos, as súas consecuencias e incluso quen relaciona contextualmente as expectativas e a función que tanto a nivel social como persoal (tempo libre, rendemento laboral ou académico, evasión...) a substancia está a desenvolver.

 

FACTOR DE RISCO: CARACTERÍSTICAS DO CONSUMIDOR
CARACTERÍSTICAS DA PERSONALIDADE

 BAIXA AUTOESTIMA

 BAIXA ASERTIVIDADE

 ELEVADA BUSCA DE SENSACIÓNS

 ESCASA CONFORMIDADE COAS NORMAS SOCIAIS

 ESCASA TOLERANCIA Á FRUSTRACIÓN

 ELEVADA NECESIDADE DE APROBACIÓN SOCIAL E FALTA DE AUTONOMÍA

 DIFICULTADE PARA O MANEXO DE ESTRÉS

FACTORES CONDUCTUAIS

 INSATISFACCIÓN CÓ TEMPO LIBRE

 BAIXO APREVEITAMENTO ESCOLAR

 FALTA DE HABILIDADES SOCIAIS E RELACIONAIS

FACTORES COGNITIVOS, ACTITUDES E VALORES

 FALTA DE COÑECEMENTOS SOBRE DROGAS

 EXPECTATIVAS POSITIVAS RESPECTO AO SEU CONSUMO

 ESCASA CAPACIDADE NA TOMA DE DECISIÓNS E RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS

 


CARACTERÍSTICAS DA REALIDADE SOCIAL

 

riesgos

As características particulares do ambiente no que se establece a existencia e/ou consumo da substancia pode ser incitador de factores de vulnerabilidade ou de factores de protección. A influenza social exerce unha poderosa forza modeladora sobre a conducta das persoas.

 

FACTOR DE RISCO: CONTEXTO SOCIAL
AMBIENTE FAMILIAR

 BAIXA COHESIÓN FAMILIAR

 CLIMA AFECTIVO INADECUADO

 ESTILO EDUCATIVO FAMILIAR

 CONSUMO DE DROGAS NO AMBIENTE FAMILIAR

AMBIENTE ESCOLAR

 FALTA DE INTEGRACIÓN FAMILIAR

 CONSUMO DE DROGAS NO MEDIO ESCOLAR

GRUPO DE IGUAIS

 DEPENDENCIA DO GRUPO

 FALTA DE HABILIDADES PARA ENFRONTARSE Á OFERTA

ÁMBITO LABORAL

 ORGANIZACIÓN O PROCESO PRODUCTIVO

 AMBIENTE LABORAL

 POSTO DE TRABALLO OU TAREFA

FACTORES DO AMBIENTE MACROSOCIAL

 DISPOÑIBILIDADE DA DROGA

 SISTEMA DE VALORES

 ACTITUDES TOLERANTES DE CARA AO CONSUMO

 ESCASEZA DE RECURSOS SAUDABLES

 PLANIFICACIÓN URBANÍSTICA

 PUBLICIDADE DE DROGAS LEGAIS

 INADECUADO DISCURSO SOCIAL SOBRE AS DROGAS