A infancia é o período vital comprendido entre o nacemento e os 12 anos, momento de cambio no que se inicia a pre-adolescencia e cando o proceso socializador que a familia desenvolveu ao largo da infancia será determinante, é dicir, o desenvolvemento educativo na primeira etapa vital será fundamental na evolución posterior de toda persoa nos eidos físico, motriz, lingüístico e socio-afectivo.
Durante os primeiros 18 meses de vida as persoas desenvolven as súas capacidades físicas e motoras a un ritmo acelerado: aumentan de peso e estatura, exercitan os seus órganos sensoriais aumentando progresivamente as súas capacidades, aparece a detinción, e comezan a falar e a camiñar. Despois dos dous anos o ritmo de crecemento diminúe, estabilizándose entre os 3 e os 6 anos.
Durante a infancia consolídase o chamado vínculo emocional infantil onde se establece a unión psicolóxica entre o infante e a persoa cuidadora. A seguridade que lle proporcionan as persoas que o rodean mediante o contacto e comunicación (a través do choro e da risa), proporciónanlle unha base emocional segura a partir da cal poderá establecer relacións maduras ao largo da súa vida.
O ingreso do neno na escola, tamén coñecido como “período de latencia”, é o momento no que os pequenos comezan a súa convivencia con persoas da súa mesma idade, iniciándose así a conquista da sociabilidade. Neste primeiro momento a sociabilidade que desenvolve posúe un carácter egocéntrico, é dicir, todo xira entorno ao “eu” do infante, sendo incapaz de distinguir entre o seu punto de vista e o dos demais. O centro educativo invita aos infantes a desenvolver as súas funcións cognoscitivas, afectivas e sociais concretas:
- Funcións cognoscitivas: capacidades perceptivas, de memoria, razoamento, etc.
- Funcións afectivas: cando os infantes chegan ao colexio convértense nun de moitos nenos e nenas, perden o significado de centro de atención e cariño que teñen no fogar. É entón cando comezan a consolidar de cara ao grupo o sentido do deber, o respecto ao alleo, adquisición de responsabilidades...
- Funcións sociais: a escola contribúe a potenciar as relacións sociais máis incidentes na personalidade.
Características desta etapa:
- Recurso da imitación: son moi imitativos polo que o exemplo da familia é fundamental.
- Aprende a controlar a impulsividade en canto a exteriorizar todo, comeza a desenvolver a interioridade.
- Vólvense máis obxectivos, teñen unha perspectiva máis acorde coa realidade.
- Desenvolven un comportamento máis firme sobre as súas realidades emocionais.
ETAPAS DE DESENVOLVEMENTO DA INFANCIA DE PIAGET(universidad de navarra)
Piaget establece unha serie de etapas de desenvolvemento onde cada período implica procesos e estructuras mentais concretas que permiten o paso á seguinte etapa:
1.ETAPA SENSORIOMOTORA (0 A 2 anos)
Ao nacer o mundo do neno enfócase cara as súas funcións motrices e percepcións sensoriais. Ao cumprir 1 ano muda a súa concepción do mundo, recoñecendo a permanencia dos obxecto fora do seu campo de percepción. Experimenta a iniciación da conducta dirixida a obxectos e a invención de novas solucións, a súa intelixencia considérase preverbal por non ter desenvoltas as capacidades lingüísticas, e aínda non é capaz de desenvolver representacións internas (o que se supón como pensamento). Nesta etapa aparece unha certa “lóxica das accións”, a actividade motívase na experimentación.
2.ETAPA PREOPERATORIA (2 a 7 anos)
O pensamento infantil xa non se limita a accións externas senón que comeza a interiorizarse proporcionandolle mobilidade para dotarse dunha crecente intelixencia. As formas de representación interna son: imitación, xogo simbólico, imaxe mental e linguaxe falado. A habilidade infantil para pensar con lóxica é fortemente egocéntrica, polo que resulta inflexible e centrada no “eu” sen diferenciar entre o punto de vista propio e dos demais.
3.ETAPA DE OPERACIÓNS CONCRETAS (7 a 11 anos)
O infante é capaz de amosar o pensamento lóxico ante os obxectos físicos. A recén adquirida reversibilidade permítelle regresar mentalmente sobre o proceso que acaba de realizar. O infante tamén é capaz de reter mentalmente variables e relacionalas, polo que nesta etapa afloran as operacións matemáticas e a capacidade de establecer xerarquías.
Neste estadío diminúe o egocentrismo e aparece o sociocentrismo; a medida que adquiren a habilidade para aceptar opinións alleas e entender a comunicación máis alá do pensamento individual, polo que agora unha conversación implica un intercambio de ideas cada vez maís lóxicas.