Skip to Content

Agresións sexuais e drogas

As grandes vítimas das agresións e abusos sexuais levan nome de muller. Esta violencia sexual entendida como calquera tipo de contacto sexual non desexado, intento de violación ou a propia violación en sí, exércese maoiritariamente sobre as mulleres, aínda que cada vez se suman máis casos de homes vítimas desta violencia.

Lonxe de culpabilizar á vítimas, existen certos factores que poden potenciar a vulnerabilidade da muller propiciando certas situacións de risco que poden conducir a unha agresión sexual. O consumo de alcohol e outras drogas ilegais inciden directamente no sistema nervioso central alterando o seu funcionamento normal, polo que a razón do consumo (alterar a realidade) é a súa vez a orixe da exposición a situacións de risco ao debilitar a capacidade de reacción da persoa, diminuír a percepción de risco, perder o control motriz... Partindo sempre de que a vítima da agresión nunca ten culpa nin parte de culpa desta, é certo que o consumo ou abuso de certas drogas pode aumentar a vulnerabilidade ante as agresións sexuais.

O alcohol e o cannabis son dúas drogas con efectos moi banalizados. Tanto no caso do alcohol (droga legal), como no do cannabis (droga ilegal) o seu consumo pode conducirnos a situacións físicas e psicolóxicas de potenciais vulnerabilidades. Así, os efectos depresores que o alcohol motiva no noso cerebro provocan unha perda de contacto coa realidade, ademáis de unha progresiva perda do control motriz. No caso do cannabis, un abuso desta droga (con efectos diferentes en función da persoa consumidora) pode supoñer uns efectos físicos de extrema relaxación, pesadez do corpo, perda do control psicomotriz, etc. A intoxicación cannabica (bastante frecuente entre os fumadores ocasionais) pódenos levar a unha “pálida” ou “branca” que eliminará todo o control motor voluntario e, por tanto, toda defensa posible a nivel persoal.

Por outra banda o agresor que, contra a crenza popular, adoita ser unha persoa coñecida pola vítima non ten xustificación algunha aínda que dende algúns medios se intente aminorar a culpa por mor da inxestión de drogas ou da provocación previa á que se ve sometido. A inxestión de alcohol ou outras drogas non conduce automáticamente ás agresións senón que ten que existir unha intencionalidade previa.

Existen un conxunto de drogas que polos seus efectos adoitan ser utilizadas polos agresores sexuais, son as chamadas “drogas da violación”. Algunhas delas tamén son consumidas con fins recreativos pero en función da dose consumida os efectos poden provocar amnesia, perda do coñecemento, adormencemento, perda da vontade da persoa, perda do control motriz... As drogas máis utilizadas son as seguintes:

RohypnolRohypnol (flunitrazepan) da familia das benzodiazepina tamén coñecido como “Píldora Olvídame”, é 10 veces máis forte que o valium. O Rohypnol pode ser engadido á bebida de unha persoa sen que esta se decate porque esta substancia é incolora, inodora e carece de sabor. As persoas consumidoras poden padecer perda do control motriz, trastornos de criterio e amnesia parcial que pode durar ata 8 horas despois do consumo.

 

GHBGHB (Gamma-Hydroxybutyrate) ou Éxtasis Líquido. Pode engadirse facilmente ás bebidas sen alteracións de color, sabor nin olor e aínda en pequenas doses pode producir na vítima unha relaxación absoluta, perda da vontade e, nalgúns casos, perda do coñecemento. Como acontece có Rohypnol a vítima non recordará ningún acontecemento cando esperte.

 

 

Ketamina

 

Ketamina ou “Special K” é un tranquilizante líquido ou en pó utilizado en animais e humanos. En altas doses produce un estado de anestésia e analxésia profunda con perda da conciencia, perda de memoria, delirios, etc.

 

 

BurundangaEscopolamina ou “Burundanga” é un medicamento de uso delicado baixo precripción médica. Para o seu consumo adoita disolverse en bebidas, en tabaco ou en alimentos có obxecto de suprimir a vontade das persoas que estarán pasivas e compracentes, ademáis da perda da memoria durante o tempo que dura o seu efecto (1 ou 2 horas).