Skip to Content

Factores de risco e motivacións cara ao consumo

Muller e Drogas

 

Os factores de risco son aquelas circunstancias, características, actitudes e mesmo valores que, de existir, incrementan a probabilidade de consumir drogas. Homes e mulleres temos factores de risco comúns e outros asociados ao noso propio sexo. Neste senso as mulleres, debido a razóns fundamentalmente socioculturais, temos asociados certos factores de risco que poden incrementar a posibilidade de iniciar ou consolidar o consumo de drogas.

 

FACTORES INDIVIDUAIS

  • Trastornos afectivos de tipo depresivo.
  • Baixa autoestima e frustración.
  • Estrés e ansiedade de orixe laboral.
  • Dobre ou incluso tripla xornada laboral.
  • Problemas e insatisfacción nas relacións afectivas e sexuais.
  • Sensación de soidade e baleiro emocional.
  • Trastornos alimentarios.
  • Familia monoparental (sobrecarga).
  • Presión exercida polo home, percepción de ser un obxecto posuído.
  • Acontecementos vitais traumáticos (abusos, malos tratos, enfermidades...).

 

FACTORES FAMILIARES

  • Parella con trastornos por abuso de substancias.
  • Conflictos na parella ou distanciamento familiar.
  • Separacións ou divorcios.
  • Pai e/ou nai consumidores de drogas.
  • Estilo educativo paterno/materno.
  • Consumo de drogas na familia.
  • Patoloxías mentais na familia.
  • Perda traumática de familiares.
  • Violencia familiar e/ou de xénero.
  • Crise de identidade trala independencias dos fillos.

 

FACTORES SOCIAIS

  • Relación con persoas consumidoras de drogas.
  • Sensación de sobrecarga física ou emocial laboral e familiar.
  • Ausencia de espazos para o desenvolvemento persoal, Ocio inadecuado.
  • Temor ao rexeitamento social.
  • Imitación de condutas masculinas para sentirse máis incluída e con posibilidade de ascenso ou consolidación nas esferas públicas (sociais e laborais).
  • Ausencia de participación cidadá e illamento social.

 

MOTIVACIÓNS PERSOAIS

  • Sentir pracer, estar a gusto, divertise.
  • Aumentar a sociabilidade e diminuír a timidez.
  • Ser aceptada ou valorada pola parella.
  • Evitar ou aminorar os sentimentos de tristeza, dor emocional, baleiro, soidade e/ou frustración.
  • Diminuír o estrés, evadirse da sobrecarga.
  • Incrementar a capacidade de traballo.
  • Diminuír o sentimento de minusvalía.
  • Agochar efectos doutras patoloxías.