As bebidas enerxéticas comezaron a comercializarse na década dos 80 pero chegaron á nosa sociedade cara finais dos 90 con gran éxito grazas ás campañas publicitarias que as vinculan estreitamente co deporte, a música, etc. a través dun atractivo e rechamante deseño ademais da promoción do seu efecto “vigorizante e estimulante”.
Estas bebidas están compostas na súa maior parte por cafeína, taurina e extracto de guaraná os cales xeran un estado de estimulación cerebral (elevan o ritmo cardíaco e os niveis de presión arterial) que crea unha falsa sensación de enerxía que realmente non brinda. A publicidade intenta que os consumidores as relacionen con consumicións utilizadas no deporte, as bebidas isotónicas (ricas en sales minerais), pero son radicalmente diferentes.
Os efectos destas bebidas dependen da cantidade e tempo de consumo así como da susceptibilidade de cada consumidor e da tipoloxía do uso que teñan. De tal xeito o problema non reside no seu consumo eventual, senón no exceso e forma. De tal xeito, é popular o abuso deste tipo de bebidas por estudiantes antes de un exame (para manterse desperto e con enerxía), ou no caso de espazos recreativos para “aguantar máis” (1 lata equivale aproximadamente a 3 tazas de café), pero os efectos secundarios non tardan en facerse notar no organismo.
Os combinados ou cóctels que mesturan bebidas enerxéticas con alcohol poden resultar perigosos; ocasionan unha perda da sensación de embriaguez a causa do efecto estimulante da cafeína que contrarresta á súa vez os efectos depresores do S.N.C. propios do alcohol, evitando así que o consumidor se decate do seu estado real. Outro problema desta combinación é que tanto o alcohol como a cafeína son diuréticos, polo que o seu abuso pode conducir á deshidratación. Neste senso, resulta lóxico destacar que os deportistas non deben consumir este tipo de bebidas para hidratarse pois son diuréticas.
A CAFEÍNA...
As bebidas enerxéticas conteñen niveis de cafeína e taurina elevados polo que poden producir insomnio, nerviosismo, ansiedade e alteracións no ritmo cardíaco e na presión arterial.
O abuso de cafeína pode provocar úlceras gástricas, aumento do nivel de colesterol, insomnio crónico, ansiedade e depresión. Tamén se asocia con algúns problemas cardíacos e cancros.
As intoxicacións por cafeína son pouco habituais pero existen. Cando unha persoa non frecuenta o seu consumo e de repente faino a grandes doses pode padecer dor de cabeza, taquicardia, convulsións e incluso delirios. A cantidade letal de cafeína sitúase entorno aos 5000mg. (aproximadamente 40 tazas de café cargado).
A cafeína a doses altas provoca adicción e, por tanto, dependencia física; a súa síndrome de abstinencia ven dada por un cadro sintomático dominado por irritación, cansanzo, depresión e somnolencia que desaparecerá aos poucos días de eliminalo consumo.
NUNCA DEBERAN CONSUMIR BEBIDAS ENERXÉTICAS:
- Embarazadas ou mulleres en lactancia: pode provocar abortos espontáneos ou bebés nados con baixo peso.
- Menores de idade.
- Persoas epilépticas.
- Persoas con problemas coronarios ou trastornos nerviosos.