MÉTODOS EFICACES
- Métodos barreira:
- Preservativo masculino e feminino..
- Diafragma.
- Capuchón cervical.
- LeaContraceptivum.
- Métodos hormonais:
- Anel vaxinal.
- Píldora anticonceptiva.
- Parches anticonceptivos.
- Anticonceptivo subdérmico.
- Método hormonal inxectable.
- DIU.
- Esterilización Voluntaria:
- Vasectomía.
- Ligadura de trompas.
METODOS DE ESCASA EFICACIA
- Marcha atrás.
- Espermicida.
- Oxino ou do calendario.
- Billings.
- Temperatura basal.
- Método sintotérmico.
MÉTODOS BARREIRA
PRESERVATIVO
- MASCULINO: tamén coñecido como condón, son recubrimentos finos de látex ou de poliuretano (para as persoas alérxicas ao látex) que se colocan sobre o pene erecto evitando que trala exaculación os espermatozoides pasen ao aparato reprodutivo feminino. A súa eficacia teórica oscila entre o 86 e o 97%.
- FEMININO: son recubrimentos finos de poliuretano con aros de plástico nos extremos opostos. Introdúcese na vaxina deixando o aro de maior tamaño fora. Ten a mesma funcionalidade que o preservativo masculino. Ten unha efectividade teórica entre o 79 e o 95%.
DIAFRAGMA
- é unha caparuza de goma moi flexible que se coloca no colo uterino para pechalo paso dos espermatozoides, utilízase con espermicidas; ten unha efectividade entorno ao 82 e o 96%.
CAPUCHÓN CERVICAL
- é unha variedade máis pequena do diafragma. A cuberta cervical con forma de dedal introdúcese na vaxina cubrindo o colo uterino.O capuchón cervical úsase con espermicidas, tendo unha efectividade entre o 84 e o 91% para mulleres que nunca deron a luz, e do 68 ao 74% para as que xa a deron.
LEA CONTRACEPTIVUM
- contén unha barreira reutilizable feita de silicona (de uso médico) que se inserta na vaxina sobre o colo para bloquear o paso do seme. A diferenza que ten con respecto a outros métodos barreira é: ten un só tamaño e posúe unha abertura que permite a saída do moco cervical.
MÉTODOS HORMONAIS
ANEL VAXINAL
- é un anel transparente, suave e flexible de plástico de validez mensual, que contén hormonas semellantes ás da píldora anticonceptiva. Colócase no interior da vaxina e progresivamente libera doses hormonais que son absorbidas pola mucosa vaxinal. Non ten interferencias con antibióticos, vómitos ou diarreas, a súa eficacia rolda o 99%.
PÍLDORA ANTICONCEPTIVA
- é unha pílula composta por dous hormonas semellantes ás producidas polo organismo feminino. A píldora ideal para cada persoa será receitada polo médico có fin de alterar o ciclo menstrual para impedir a ovulación, sen ovulación non pode existir embarazo. A súa toma é diaria, goza dunha eficacia moi elevada que, ven utilizada, ten un 99% de efectividade.
PARCHES ANTICONCEPTIVOS
- trátase dun pequeno parche que se debe colocar semanalmente durante tres semanas consecutivas cada mes. Ao igual que a píldora anticonceptiva libera hormonas, a radica en que estas son absorbidas pola pel.
IMPLANTE SUBDÉRMICO
- consiste en introducir no antebrazo da muller unha virilla de 4 cm. que progresivamente vai liberando xestáxeno, ofrecendo protección anticonceptiva de 3 a 5 anos. Estas virillas poden ser retiradas sen problema e recuperala fertilidade nun breve espazo de tempo. Teñen unha efectividade do 99%.
ANTICONCEPTIVOS HORMONAIS INXECTABLES
- Inxéctanse nun músculo, existen dúas modalidades: mensual (estróxenos e proxestina) e trimestral (xestáxeno). Deberase consultar ao médico a conveniencia e modalidade máis adecuada.
Dispositivo Intrauterino (DIU)
- O DIU é un produto con forma de T para adaptarse á cavidade uterina, composto por plástico e metal (fundamentalmente cobre) e un pequeno fío que é colocado polo xinecólog@ no interior do útero producindo unha modificación no interior do útero que evita o embarazo, tamén evita sangrados abundantes durante a menstruación. A súa duración rolda os 5 anos, podendo ser extraído antes, cunha eficacia do 98%.
ESTERILIZACIÓN VOLUNTARIA
LIGADURA DE TROMPAS
- consiste nunha intervención cirúrxica na que cortan e/ou ligan as trompas de falopio, impedindo que o óvulo poida chegar dende o ovario ata o útero.
VASECTOMÍA
- é tamén unha pequena intervención cirúrxica na que se cortan os condutos deferentes có fin de que os espermatozoides non saían ao exterior na exaculación.
MÉTODOS DE ESCASA EFICACIA
- MARCHA ATRÁS: consiste en interromper o coito retirando o pene da vaxina antes da exaculación. Non é un método efectivo pois antes da exaculación expúlsanse gotas cargadas de espermatozoides que tamén poden provocar un embarazo.
- ESPERMICIDAS: son substancias químicas que eliminan os espermatozoides. Existen varias modalidades: cremas, aerosois, supositorios... A súa acción tóxica causa a ruptura da membrana dos espermatozoides diminuíndo a mobilidade destes e corta a súa vida media.
- MÉTODO OXINO: consiste en controlar os ciclos menstruais durante un ano. A abstinencia sexual sitúase os días nos que se espera a ovulación. É un método pouco fiable.
- TEMPERATURA BASAL: este método considera que a ovulación se pode determinar polos cambios na temperatura basal da muller. De tal xeito tódalas mañás hai que tomar a temperatura e, nos días onde esta é máis elevada, evitar realizar o coito.
- BILLINGS: consiste na observación diaria do moco cervical xa que este método considera que se pode determinar o momento da ovulación polas variacións no fluxo vaxinal durante o ciclo. Os días de máis risco son aqueles cando a humidade e o fluxo son maiores.
- MÉTODO SINTOTÉRMICO: combina o método oxino, a temperatura basal e o billings.
Sociedad Española de Contracepción, GUÍA DE MÉTODOS ANTICONCEPTIVOS:
http://www.sec.es/informacion/guia_anticonceptivos/index.php