A prevención de drogodependencias enténdese como un proceso activo e integral que ten por obxecto implementar iniciativas tendentes a potenciar a promoción de factores de risco e diminuír a presencia de factores de risco co fin de mellorar e, de ser o caso, modificar a calidade de vida dos cidadáns e cidadás obxecto da acción preventiva, fomentando o autocontrol individual e a resistencia colectiva ante a oferta de drogas.
A prevención é a medida máis efectiva para evitar problemáticas relacionadas coas drogodependencias. Diferéncianse varios niveis de prevención así como diversos ámbitos de actuación, de tal forma atopamos (ampliación da información no apartado INICIO=> FUNCIÓNS).
Dende unha perspectiva global, a filosofía de vida motivada principalmente por un espírito social eminentemente capitalista, establecida a súa vez principalmente a través dos medios de comunicación, atende a valores baseados no individualismo, no consumismo, no presentismo e no culto ó efémero. Neste senso, resulta evidente a existencia dunha forte vinculación entre estes valores e o consumo de drogas. A curiosidade, o desexo de vivir novas experiencias, a emoción de probalo prohibido, unido a adoptar certas actitudes transgresoras, propician o interese por consumir estas substancias que nos abstraen de inmediato de estados de ánimo tendentes á frustración, desencanto, baixa autoestima, percepción de fracaso...
O consumo de drogas para moitos é un resposta á vida; un modelo de vida pouco razoado que só ten verdadeiro remedio na prevención, na educación. As funcións do Servizo de Prevención de Drogodependencias orientarase a reducir estas influenzas de carácter global mediante un traballo contextualizado na realidade local.