O Servizo de Prevención de Drogodependencias dos Concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade, comezou a funcionar en xullo de 2008. As bases actuais do Servizo sostéñense sobre o Convenio de colaboración para o cofinanciamento de programas de prevención de drogodependencias entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e o Concello de Rábade (DOG nº 230, do 24 de novembro de 2009), representante actual da agrupación de concellos formada por Begonte, Outeiro de Rei e Rábade.
No ano 1986 creouse o Plan Autonómico Sobre Drogodependencias de Galicia coa finalidade de ofrecer unha resposta global e coordinada ás problemáticas relacionadas coas drogodependencias. A partir desta iniciativa potenciouse a creación de recursos que facilitasen o cumprimento de tan ambiciosa finalidade, entre os que constan os Servizos de Prevención de Drogodependencias presentes a nivel autonómico nun total de 118 concellos.