Skip to Content

Efectos e consecuencias do consumo de drogas nas mulleres

EFECTOS E CONSECUENCIAS  DO CONSUMO DE DROGAS NAS MULLERESOs efectos e consecuencias do consumo de drogas ten un impacto diferencial en homes e mulleres. Os dous sexos teñen características diferencias tanto a nivel superficial como profundo, polo que resulta evidente que os efectos dunha substancia sobre o organismo dun ou doutro sexo serán diferenciais.

Debido á masculinización dos estudios científicos é relativamente recente a consideración da muller como ser individual e diferente do home cunha bioloxía propia e, neste senso, é recente a consideración diferencial dos efectos das drogas sobre un organismo de sexo masculino e outro feminino. A continuación resúmense as principais evidencias sobre o impacto que teñen as distintas drogas en clave de xénero (Guía informativa: drogas e xénero. Plan de atención integral á saúde da muller de Galicia):

 

SUBSTANCIA EFECTO

TABACO

 

Tabaco

En xeral:

  • Aparición precoz e evolución acelerada de osteoporose.
  • Maior presencia de quistes nos ovarios.
  • Maior posibilidade de mastite (inflamación da mama).
  • Maior frecuencia de cancro de colo uterino.
  • Menstruacións dolorosas.
  • Maior risco de ter miomas uterinos e endometriose.
  • Maior probabilidade de cancro de colo de útero.

 

Efectos sobre a fertilidade:

  • Reducción da fertilidade, atraso da concepción.
  • Reducción do éxito dos tratamentos reproductivos.
  • Incremento de padecer infarto agudo de miocardio en caso de tomar anticonceptivos orais.
  • Adianto da menopausa.

 

Efectos sobre o embarazo:

  • Complicacións na placenta.
  • Rotura prematura de membranas.
  • Embarazos ectópicos.
  • Abortos espontáneos.
  • Prematuridade.
  • Baixo peso ao nacer.
  • Danos no corazón do feto.
  • Tendencia dos fillos á diabete II e á obesidade na etapa adulta de fumar moito.
  • Mortalidade previa ou posterior ao embarazo.


ALCOHOL

 

Alcohol

En xeral:

  • Maior risco que os homes a sufrir danos no fígado, cerebro e corazón.
  • Maior taxa de mortalidade con respecto aos homes.
  • Osteoporose.
  • Depresión, suicidios.
  • Cancro de mama.

 

Efectos sobre a fertilidade:

  • Ciclos menstruais irregulares.
  • Ausencia de ovulación.
  • Aparición de menopausa precoz.

 

Efectos no embarazo:

  • Maior risco de abortos espontáneos.
  • Alteracións na placenta.
  • Sangrado vaxinal.
  • Síndrome Alcohólico Fetal.
  • Neonatos máis pequenos.
  • Alteracións faciais.
  • Malformacións.
  • Atraso mental en distintos graos.
  • Problemas na linguaxe, de adaptación e coordinación.
  • Hiperactividade.

 

Efectos sobre a sexualidade

  • Anorgasmia.
  • Frixidez, relacións con dor e desinterese.
  • Atrasa a maduración dos caracteres sexuais (mamas e peluxe) propios da pubertade.

TRANQUILIZANTES

 

Tranquilizantes

En xeral:

  • As mulleres experimentan o dobre de efectos secundarios que os homes nos tratamentos.

 

Efectos no embarazo:

  • Deformacións na cara dos neonatos.
  • Anomalías cerebrais.
  • Problemas respiratorios.
  • Poden nacer con dependencia dos tranquilizantes.

 

Efectos sobre a sexualidade:

  • Desinterese polo sexo.

DROGAS ILEGAIS

 

 

 

 

 

 

 

Cannabis

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Cocaina

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Anfetaminas

 

 

 

 

 

 

Heroína

En xeral:

  • Maior frecuencia de trastornos de ansiedade.
  • As mulleres son máis vulnerables aos efectos da cocaína debido ás súas diferencias nos procesos de absorción, distribución, transformación e eliminación desta no organismo (cunha mesma dose as mulleres teñen distintos niveis de cocaína en sangue).
  • Algúns estudios destacan que as mulleres desenvolven máis rapidamente adicción á heroína, consomen maiores cantidades e sométense a prácticas de risco en maior proporción que os homes.

 

CANNABIS

Efectos sobre a fertilidade; reducción da fertilidade manifestada en:

  • Trastornos menstruais.
  • Ciclos sen ovulación.
  • Abortos espontáneos.

 

Efectos sobre o embarazo, O cannabis atravesa a barreira placentaria e acumúlase no leite. O consumo no embarazo asóciase a:

  • Reducción do peso dos neonatos.
  • Alteración das funcións cognitivas-mentais dos nenos.
  • Aparición de trastornos de atención e hiperactividade.
  • Irritabilidade e trastornos do sono nos primeiros días de vida (asóciase a un cadro de abstinencia).
  • A longo prazo detéctase atrasos nas habilidade e memoria verbal.
  • Maiores taxas de prematuridade e inmadurez fetal.

 

Efectos sobre a sexualidade:

  • Diminución do apetito sexual.

 

COCAÍNA

Efectos sobre a fertilidade:

  • Alteración dos ciclos menstruais.
  • Ausencia de menstruación.
  • Reducción do número de ciclos ovulatorios.
  • Secreción láctea fóra do embarazo e a lactación.

Efectos sobre o embarazo; asóciase a un maior risco de:

  • Aborto.
  • Morte fetal intrauterina.
  • Prematuridade con inmadurez fetal.
  • Baixo peso dos nenos ao nacer.
  • Lesións cerebrais que poden ser motivo de: hiperactividade, aparición de trastornos de personalidade, resposta a estímulos ambientais, atraso cognitivo e predisposición a padecer na vida adulta trastornos neuropsiquiátricos.

 

Efectos sobre a sexualidade:

  • Supresión do ciclo menstrual.

 

ANFETAMINAS E DROGAS DE SÍNTESE

Efectos sobre o embarazo; Impacto negativo sobre o crecemento fetal:

  • Incremento do risco de malformacións cardíacas e padal fendido.
  • O consumo materno de éxtase relaciónase cun maior risco de deformacións conxénitas.

 

Efectos sobre a sexualidade:

  • Diminución do desexo sexual.
  • Ausencia de orgasmos.

 

HEROÍNA

Efectos sobre a fertilidade:

  • Alteración dos ciclos menstruais.
  • Ausencia de regras.

 

Efectos sobre o embarazo

  • Abortos espontáneos
  • Partos prematuros ou con atraso do crecemento
  • Mortes fetais intrauterinas
  • Maior posibilidade de transmisión intraparto de VIH/Sida ou Hepatite B.
  • Entre un 60 e un 80% dos fill@s de heroinómanas presentan síndrome de abstinencia no nacemento.

 

Efectos sobre a sexualidade:

  • Diminución do desexo sexualidade.
  • Amenorrea.