Cada persoa é diferente, todos temos características que nos fan únicos, pero é verdade que case todos compartimos unha sensación ao volante coñecida como a “ilusión de invulnerabilidade”. Esta sensación é moi perigosa pois reduce a nosa percepción de risco a padecer unha enfermidade, un accidente, unha problemática... vémola máis próxima aos demais que a nós mesmos, a pesares de que adoptemos comportamentos temerarios que nos poidan conducir á temida realidade.
Nun intento de reducir a asunción de condutas de risco por parte dos condutores para evitar así accidentes de tráfico, a Dirección Xeral de Tráfico puxo en marcha unha campaña de prevención do consumo de drogas na condución, baseándose nun informe elaborado polo Instituto Nacional de Toxicoloxía, que e3videnciou que o 15% dos condutores falecidos en accidente de tráfico estaban a circular baixo os efectos de drogas ilegais no momento do accidente. Segundo anota un estudo realizado polo Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), unha de cada dúas vítimas mortais de accidentes de tráfico que tiveron lugar en estradas galegas, deu positivo nas análises de consumo de alcohol e estupefacientes realizadas tralo accidente.
A DGT quere deixar claro que esta campaña non ten como obxectivo aos consumidores de drogas en xeral, senón que centra o seu foco de acción nos condutores que circulan baixo os efectos das drogas. A campaña de control de drogas conta con tódalas garantías legais, fiabilidade e eficacia dos dispositivos e procedementos utilizados ademais dun completo respaldo lexislativo. Este control de drogas é un proceso sinxelo e obrigatorio para o condutor:
-
SALIVA: En primeiro lugar realízase unha proba de alcoholemia. A continuación tómase unha mostra de saliva “indiciaria” co obxecto de detectala presenza de outras substancias ilegais,
-
POSITIVOS: No caso de que a proba sexa positiva, tómase unha segunda mostra de saliva. Neste caso, o condutor non poderá collelo volante de novo (é o mesmo procedemento seguido nos positivos por alcoholemias), pasado un tempo poderá volver a conducir.
-
SÍNTOMAS: Os axentes realizaran un cuestionario (previamente establecido) co obxecto de observar e analizar os signos externos que presenta o condutor e se gardan relación cos efectos do consumo dalgunha substancia ilegal (táboa de abaixo).
-
LABORATORIO: A segunda mostra envíase ao laboratorio toxicolóxico, con cadea de custodia, onde se lle realiza unha proba evidencial.
-
SANGUE: Se o condutor quere poderá solicitar unha análise de sangue que será realizada por persoal sanitario nun centro hospitalario ou de saúde. Se o resultado é positivo, o propio solicitante deberá correr cós gastos da análise realizada polo Instituto Nacional de Toxicoloxía.
-
EXPEDIENTE: Os resultados do laboratorio toxicolóxico únense ao informe do axente da Garda Civil e iníciase o expediente que poderá ir vía administrativa ou vía xudicial:
-
-
Se o condutor da positivo no control, pero non presenta síntomas, a sanción será administrativa (multa de 500€ e perda de 6 puntos de carné)
-
Se ademais de dar positivo no test de saliva, o condutor manifesta síntomas de estar baixo a influenza de drogas ilegais, enfrontarase a un delito tipificado no Código Penal (art. 379.2): prisión de 3 6 meses ou multa de 6 a 12 meses ou ben traballos en beneficio da comunidade, sumado á privación do dereito a conducir de 1 a 4 anos.
-
-
Fuente: Revista Tráfico y Seguridad Vial
Nº 215/2012
COMO AFECTAN AS DROGAS Á CONDUCIÓN?
CANNABIS |
|
COCAÍNA |
|
ANFETAMINAS |
|
ÉXTASIS |
|
LSD |
|
HEROÍNA |
|