Skip to Content

Comunicación

 

¿COMO COMUNICAR?

A comunicación entre pais, nais e fill@s é imprescindible na creación dun clima propicio para a comprensión, o desenvolvemento da autoestima e autoconcepto e a progresiva adquisición de madurez persoal e social do menor. De feito, cada vez máis estudos apoian a teoría de que o consumo habitual de drogas relaciónase máis cun déficit nas relacións familiares que con calquera outro factor.

A comunicación facilita o coñecemento e o enrequecimento mútuo entre os membros da familia. Poden distinguirse dous modos de mantela comunicación:

  • Relación de igual a igual

  • Relación desigual: nas familias o tipo de comunicación máis habitual é esta, na que @ adult@ se cree en posesión da verdade.

No proceso comunicativo resulta determinante a reciprocidade, é dicir, “recíbese o que se da”. De tal forma que o ambiente familiar positivo (constructivo) ou negativo (destructivo) dependerá moito da reciprocidade que domine na conversa. Que comecemos cunha intencionalidade positiva non significa que se elimine a posibilidade de discusión pero aminora as posibilidades, sen embargo se comezamos a conversa desde unha perspectiva negativa resulta evidente que fomentaremos a discusión. Debemos ter en conta que poderemos modificar a perspectiva de diálogo de negativa a positiva co fin de reestructurala conversa para que torne cara unha forma máis constructiva de ser o caso.

 

BARREIRAS COMUNICATIVAS

Os problemas nas dinámicas comunicativas familiares normalmente son ocasionados por barreiras nos procesos de comunicación (recopiladas por Thomas, Walter e O´Flaherty (1974)):

  1. Alonxamento temporal: é a excesiva utilización de referencias ao pasado ou a un futuro hipotético.

  2. Expresión desconectada: introducir temas na conversa que non teñen que ver co que se está falando, asuntos que non teñen relación có obxecto inmediato da discusión.

  3. Non recoñecer a parte de responsabilidade que se posúe nun conflicto dado.

  4. Dificultades para dar a razón, non ceder nas discusións e/ou non recoñecer nin valorar o punto de vista alleo.

  5. Adiviñalo pensamento, presupoñer e expoñer en voz alta o que o outr@ vai dicir ou a intencionalidade que quere manifestar.

  6. Interromper cando o outro está a falar sen respectar.

  7. Xeralizacións excesivas con sucesos pouco frecuentes.

  8. Afirmacións radicais ou dogmáticas que non deixan opción ao diálogo.

  9. Falar negativamente: expresar frecuentemente críticas negativas e omitir ou ignorar valoracións positivas coñecidas.

  10. Ser pedante, utilizar palabras complicadas ou raras.

 

CONSELLOS PARA MELLORALA COMUNICACIÓN

  • Presta atención cando o teu fillo fale, de forma que se sinta escoitado. Se nese intre non o podes atender correctamente explícalle que falaredes máis tarde.

  • Cando o teu fillo exprese opinións sobre temas controvertidos, intenta non dar signos de enfado ou alarma. Espera a que remate os seus argumentos e despois razoa os teus.

  • No día a día debes abordar temas intrascendentes que faciliten un clima dialogante.

  • Cando teñas que facer unha crítica lembra que debes concretar aquela conducta obxecto da crítica sen caer en valoracións totais da persoa, é dicir, “recolle a habitación” e non “es un vago, mira como tes a habitación”.

  • Incide nas afirmacións positivas, “fala máis baixo” en vez de “non grites”.

  • Evita sermonear e convirtila conversa nun monólogo; deixa que @ teu fill@ fale a maior parte do tempo.

  • A conversa debe adecuarse ao contexto no que vos encontredes.

  • Respecta a opinión que teñen os fillos aínda que sexa diferente á túa, intenta conversar razoadamente e aceptar a multitude de opinións. Fai fincapé en intentar comprender o seu punto de vista para que se sinta valorado.

  • Non reprimas as ideas do rapaz a ningunha idade, son parte do proceso de maduración. Non se trata de esconder senón de mostrar para coñecer e fuxir dos tabús.

 

DISCUSIÓNS: MOMENTOS DE COMUNICACIÓN CRÍTICA.

En certos momentos é inevitable manter conversas que desemboquen en situacións conflictivas pouco recomendables para solucionar problemas. Neste tipo de situacións os membros da familia implicados na discusión habitualmente fan comentarios con máis dureza que agravan o enfado: interrupcións, comentarios negativos ou humillantes, desprezos, ton de voz elevado, reproches doutros temas alleos, etc.

As fontes do conflicto poden orixinarse en temas supérfluos que poden adquirir progresivamente un ton máis duro que se denomina “escalada de ira”, na que un feito tribial pode dar paso a un comportamento, xesto ou comentario que potencie a ira dando paso ao conflicto. Neste tipo de discusións é habitual que polo menos un dos suxeitos da conversa esteña nese momento máis irascible do normal (por unhas ou outras causas alleas á conversa na que se encontra inmerso no momento da discusión).

Tod@s somos conscientes de que estas discusións nin contribúen a mellorala situación nin a resolvela problema, polo que debemos intentar saír do conflicto con celeridade para sofrer o menor números de daños posible. Unha vez pasada a tensión do momento de crise poderemos proceder a reinicialo diálogo dende unha perspectiva máis aberta, tolerante, argumentativa e sobre todo respectuosa.

Existen varias técnicas que buscan evitar a escalada de ira mediante unha especie “tempo morto” que permita dar un respiro as partes intervintes no conflicto e retomala conversa máis adiante, nestas técnicas debe facerse fincapé en que o que se rexeita é a conducta e o cariz que está tomando a conversa nunca se rexeita á persoa:

 

  • CONTRATO DE TÉCNICA

Consiste en firmar un documento informal de base entre os membros dunha familia polo cal se rixa un acordo de cesar conversas no momento en que se tornen discusións destructivas en vez de constructoras de solucións. Débese botar man do acordo cada vez que unha das partes seña consciente da situación. Despois dun tempo retomarase a conversa, de non facelo esta técnica.

 

  • RESPOSTAS INCOMPATIBLES Á IRA E Ó MAL HUMOR

Trátase de tomar as rendas da discusión e redirixila cara o diálogo mediante un comentario comprensivo que relaxe á outra persoa. Por exemplo “Veña, vámonos calmar, entendo que esteñas enfadado. Vámonos a sentar e cóntame o que pasou, ¿queres?. Aínda que pareza raro este simple comentarío fomenta a empatía e a confianza.

 

  • SER EMPATIC@S E ASERTIV@S

Trátase de amosar á outra persoa que intentamos comprendela poñéndonos no seu lugar, pero poñendo sobre a mesa que nosoutros non somos causantes do seu enfado e non debemos pagalas consecuencias. Exemplo: “Entendo como te sintes, tes razóns de sobra para estar mal, a calquera lle irritaría. Pero date conta que ese problema pertence ao traballo e se vés molesto á casa todos padecemos o teu mal humor e ti non descansas del”.

 

  • TEMPO FORA

Hai veces que a simple presenza da outra persoa xa nos molesta agravando así o conflicto. Esta técnica consiste en separase fisicamente para intentar relaxarnos por separado e retomar máis tarde a conversa. Sempre debemos explicar porque socorremos á separación nun ton o maís relaxado posible e sen reproches, por exemplo “estamos berrando sen entendernos, é mellor que nos relaxemos e falemos máis tarde, esta situación faime sentir mal” en vez de “estou farta de que me berres, voume que non te aturo máis”.

No tempo de separación física cada un debe facer algo relaxante e intentar evitar toda referencia á discusión mantida para non promover sentimentos de ira durante o descanso.

 

  • RETIRALA ATENCIÓN

Cando a persoa coa que se fala esteña nun proceso ascendente de enfado, podemos pasar a ignorar os seus comentarios ata que se calme. Isto esixe ignorar por completo evitando cunha mirada ou comentario aumentalo enfado, tan só debemos dar a entender mediante un “efecto parede” que non estamos dispostos a continuala conversa mentres non se recupere o respecto e o espítito de resolución de problemas en vez de a falta de respecto e as ganas de facer dano coas palabras.

 

  • CENTRARSE NO PROCESO

En vez de somerxernos nas augas da discusión mediante continuos reproches de “¡xa estás de morros!” seguindo con “Que pasa, ¿non podo dicir o que e vea en gana?”, “Deixa de dala nota anda” seguido dun longo etcétera, nos centremos en como estamos desenvolvemendo a conversa: “Mira, creo que estamos sacando as cousa de quicio e non estamos solucionando nada. ¿Tomámonos un respiro ou apetéceche que sentemos e falamos?”.

 

¿QUE FACER NUNHA DISCUSIÓN?

(Adaptado de Cáceres (1987). Costa, Serrat (1982)).

  1. Evitar histerismos: se son inevitables debemos pospoñer a conversa ata estar relaxados.

  2. Evitar mesturar o tema da discusión con outros temas trascendentes que só contribúan a aumentalo enfado.

  3. Non interronper, debe falar e escoitar.

  4. Recoñecer as equivocacións.

  5. Comezar as discusións nun tono baixo e amistoso, non comezar con “ven aquí que che vou dicirr catro cousiñas”

  6. Non debemos comezalas conversas con reproches, acusacións, ameazas...

  7. Non debemos converter feitos illados da conversa en obxecto da disputa.

  8. Empatizar todo o posible, ver a situación dende tódolos puntos posibles; nós non somos donos da verdade nin sabemos todo.

  9. Centrarse no tema da conversa sen divagar.

  10. Non adiviñalo pensamento nin predicilos acontecementos “Xa o sabía eu”, “Non sigas que xa me coñezo a cantinela”.