Skip to Content

Novidades

Obradoiro de Fotografía Dixital

¿Gústache a fotografía? Pois, se buscas facer algo diferente este verán, apúntate o Obradoiro de Fotografía Dixital que organiza o Servizo de Prevención de Drogodependencias dos concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade do día 18 de xullo ao 22 e do 26 ao 29 (horario a convenir).

 

Exposición do Concurso "Vivir é Convivir"

O Concurso fotográfico “Vivir é Convivir” chegou ao seu fin o pasado 16 de xuño coa entrega de premios. O xurado tomou unha difícil decisión pois as composicións fotográficas eran de moita calidade.


A exposición das fotografías do concurso rotará polos concellos do Servizo de Prevención de Drogodependencias da seguinte maneira:

 

Entrega de Premios do Concurso Fotográfico "Vivir é Convivir"

O Concurso Fotográfico Vivir é Convivir convocado polo Servizo de Prevención de Drogodependencias dos Concello de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade chega ao seu fin o próximo xoves 16 de xuño ás 19:30h. no Concello de Rábade .


O Concello de Rábade permanecerá aberto a partir das 18:00 h. coa exposición das composicións fotográficas participantes no concurso.

Escola de Nais e Pais

CEIP BAAMONDE - LUNS 11 DE ABRIL ÁS 16:00H.


CEIP LAVERDE RUÍZ (OUTEIRO DE REI) - MÉRCORES 13 DE ABRIL ÁS 16.00 H.


CEIP OTERO PEDRAYO (RÁBADE) - XOVES 14 DE ABRIL ÁS 18:00 H.