O Concurso Fotográfico Vivir é Convivir convocado polo Servizo de Prevención de Drogodependencias dos Concello de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade chega ao seu fin o próximo xoves 16 de xuño ás 19:30h. no Concello de Rábade .
O Concello de Rábade permanecerá aberto a partir das 18:00 h. coa exposición das composicións fotográficas participantes no concurso.
Un xurado formado polas Técnicos de Animación Sociocultural dos Concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade, serán as encargadas de valorar as composicións fotográficas entregadas, procedendo en consecuencia a entregar aos gañadores os seguintes premios económicos:
- 1ª PREMIO: 200€
- 2º PREMIO: 150€
- 3º PREMIO: 100€
Como se establece nas bases, no acto de recollida de premios será obrigada a asistencia do autor ou autores da obra fotográfica ou dunha persoa na que os gañadores deleguen de forma explícita. En caso da non asistencia do autor/es ou da persoa en que este delegue, desposuirase ao autor/es do premio.
Para obter máis información visita a web www.prevenciondedrogas.es , envía un email a prevenciondrogas@rabade.org ou chama a ao teléfono 982.390.062.