Skip to Content

Exposición do Concurso "Vivir é Convivir"

O Concurso fotográfico “Vivir é Convivir” chegou ao seu fin o pasado 16 de xuño coa entrega de premios. O xurado tomou unha difícil decisión pois as composicións fotográficas eran de moita calidade.


A exposición das fotografías do concurso rotará polos concellos do Servizo de Prevención de Drogodependencias da seguinte maneira:

 


•    Concello de Rábade: do 16 de xuño ao 15 de xullo no edificio do Concello.


•    Concello de Outeiro de Rei: do 18 de xullo ao 17 de agosto, no Centro Social.


•    Concello de Begonte: do 18 de agosto ao 19 de setembro, na Casa da Cultura.

 


Os premios quedaron distribuídos da seguinte maneira:

 

1º PREMIO (200€)

RIQUEZA NATURAL: LUGARES PARA COÑECER, VER E DESFRUTAR

Autor: José María Gómez Brocos

 

2º PREMIO (150€)

PARAXES DOS NOSOS CONCELLOS

Autor: José Abuín Engroba

 

3º PREMIO (100€)   

ENTRAUGAS: RECORRIDO DAS AUGAS POLOS CONCELLOS DE RÁBADE, BEGONTE E OUTEIRO DE REI
Autor: Diego Seijas Varela

 

 

ACCESIT, RECOÑECEMENTO Á CALIDADE FOTOGRÁFICA CONCRETA:

Composición fotográfica “CONVIVIR EN HARMONÍA E VIVIR”, fotografía premiada: “EN CALQUERA LUGAR SEMPRE SAE O SOL”
Autor: Adrián Alonso Santiso.

Composición fotográfica “OS NOSOS LUGARES, AS NOSAS VIDAS”, fotografía premiada “PONTE DE RÁBADE”
Autoras: Tania Lorenzo González, Mónica Piñeiro Lourés, Elena
Lourés Piñeiro, María Losada Burgo e María Lourés López