CEIP BAAMONDE - LUNS 11 DE ABRIL ÁS 16:00H.
CEIP LAVERDE RUÍZ (OUTEIRO DE REI) - MÉRCORES 13 DE ABRIL ÁS 16.00 H.
CEIP OTERO PEDRAYO (RÁBADE) - XOVES 14 DE ABRIL ÁS 18:00 H.
O Servizo de Prevención de Drogodependencias dos concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade convídate á vindeira Xornada de Prevención dende a Familia. Para que non teñas problema en asistir teremos servizo de gardería onde poderás deixar aos nenos e nenas durante o tempo que dure o obradoiro.
Somos moitos os que cremos que educar é a tarefa máis difícil da vida, por iso invitámoste a unhas xornadas dirixidas a familias como a túa, onde intentaremos aprender a resolver problemas da vida cotiá, así como a comprender os cambios que os fillos experimentan durante a infancia e a pre-adolescencia (10-11 anos).
Debemos ter moi presente que a infancia é a etapa da vida onde máis influenza temos na educación dos nenos, base que sustentará a súa personalidade, as súas maneiras de actuar nas relacións sociais, os estudos, a afectividade...
Sabemos que esta sociedade non nos facilita a tarefa de ser pais e nais. O traballo, as tarefas do fogar, as actividades extraescolares... non nos deixan moito tempo para dedicarnos os fillos. Por todo isto o Servizo de Prevención de Drogodependencias en colaboración cós CEIPs así como coas súas correspondentes ANPAs convocan ás familias dos alumnos e alumnas dos centros educativos có fin de buscaremos respostas a esta dificil situación.