O día 26 de xuño celebramos o DÍA INTERNACIONAL CONTRA O USO INDEBIDO E O TRÁFICO ILÍCITO DE DROGAS. Na seguinte táboa podedes ver os efectos secundarios dalgunhas das drogas máis extendidas na actualidade.
A Lei 11/2010, de Prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade cumpre un ano dende a súa entrada en vigor. Neste tempo produciuse unha diminución na porcentaxe de intoxicacións etílicas en rapaces e rapazas entre 11 e 17 anos.
Xa están subidas á web os últimos materiais audiovisuais de prevención de drogas elaborados pola mocidade da agrupación de concellos do Servizo nos obradoiros de Nadal de 2011.
Parabéns merecidos para todos os participantes nas actividades.