Skip to Content

CUMPREANOS FELIZ PARA A LEI DE PREVENCIÓN DE CONSUMO DE BEBIDAS ALCOHÓLICAS EN MENORES

prevencion de drogasA Lei 11/2010, de Prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade cumpre un ano dende a súa entrada en vigor. Neste tempo produciuse unha diminución na porcentaxe de intoxicacións etílicas en rapaces e rapazas entre 11 e 17 anos. A análise de datos das Urxencias Sanitarias de Galicia constataron unha redución en 2011 dun 11,3% nas urxencias por intoxicación etílica.

 

prevencion de drogasCoa Lei 11/2010 inténtase promover un estilo de vida saudable nos adolescentes mediante medidas que os distancien do consumo de bebidas alcohólicas. As liñas de actuación da lei perseguen reducila demanda e limitala oferta de bebidas alcohólicas a través de medidas que pasan por dimensións clave: o consumo, a venda, a subministración, a publicidade, a promoción e patrocinio de bebidas alcohólicas e o acceso a locais nos que se consome alcohol.

 

Dende a Consellería de Sanidade sinalan que existe un incremento progresivo na aplicación da lei, destacando que no primeiro trimestre de 2012 recibíronse unha suma de 202 sancións, as cales representan un 65% das rexistradas en todo o pasado 2011. Tamén resulta notorio que a maior parte das denuncias recibidas en Galicia proceden a provincia de Lugo tanto nas referidas a consumo de bebidas alcohólicas por parte de menores, á non sinalización da prohibición deste consumo así como á venda e subministración das mesmas.

 

Neste balance presentado polo Director Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública, Manuel Varela Rey, e a pesares das favorables novidades na redución de intoxicacións etílicas, o Director Xeral mostrou a súa preocupación por datos referentes ao modelo de consumo de bebidas alcohólicas consolidado nos últimos anos no noso país e caracterizado por unha baixísima percepción de risco ante o consumo, reflectido en datos como que o 47% do alumnos de secundaria considera que tomar 5 ou 6 copas non supón risco algún para a saúde ou que un 5,85 de cada 1000 mozos galegos de entre 12 e 24 anos teño sufrido na súa vida unha intoxicación etílica.

 

Como novidade anunciouse que proximamente a Xunta publicará unha orde pola cal os menores sancionados poderán substituír o pago das multas por horas de traballo en programas preventivos.