Skip to Content

Novidades

Actívate II. Obradoiro de Prevención Escolar que se desenvolverá no CEIP Laverde Ruíz do concello de Outeiro de Rei durante o mes de marzo

ACTÍVATE II

Obradoiro de habilidades sociais

dirixida a alumnado de 5º e 6º de Primaria

 

Sesión de prevención familiar que se desenvolverá no concello de Xermade o vindeiro xoves 27

O Servizo de Prevención da agrupación de concellos de Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade e Xermade, en colaboración co CEIP Xermade e a súa ANPA, convida ás familias de Xermade a participar nunha sesión de Prevención Familiar na que, partindo dunha reflexión inicial, abordaranse estratexias e pautas eficaces na educación parental dende a perspectiva da prevención.

 

Prevención Familiar. Pautas para unha educación eficaz”

TERAPIA DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA. INSCRICIÓNS ATA 7 DE MARZO

O Servizo de Prevención da agrupación de concellos de Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade e Xermade en colaboración coa AECC presentan:

Programa de deshabituación tabáquica (gratuíto) que se desenvolverá durante 7 semanas consecutivas (MARZO A MAIO) cunha sesión presencial á semana, nas que aprenderás a vivir sen tabaco.

Prevención familiar - IES Río MIño (Rábade)

O Servizo de Prevención da agrupación de concellos de Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade e Xermade, convida ás familias a participar nunha charla de Prevención Familiar baixo o nome:

 

Educación emocional e convivencia familiar. Prevención de condutas problemáticas na adolescencia”