Skip to Content

Sesión de prevención familiar que se desenvolverá no concello de Xermade o vindeiro xoves 27

O Servizo de Prevención da agrupación de concellos de Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade e Xermade, en colaboración co CEIP Xermade e a súa ANPA, convida ás familias de Xermade a participar nunha sesión de Prevención Familiar na que, partindo dunha reflexión inicial, abordaranse estratexias e pautas eficaces na educación parental dende a perspectiva da prevención.

 

Prevención Familiar. Pautas para unha educación eficaz”

 

Lugar: Biblioteca do Concello de Xermade

Data xoves 27 de febreiro

Hora: 20:00h