Que é o “Espazo de Prevención Familiar” online?
Dende o Servizo de Prevención queremos abrir un espazo de apoio e reflexión online dinámico e continuo aberto á comunidade aínda que fundamentalmente destinado a pais, nais, titores e titoras interesad@s en afondar en temáticas de interese para o desenvolvemento integral dos fillos e fillas.
Buscamos a implicación e participación activa das familias, fomentando o seu rol de principais axentes preventivos dos menores.
Para que serve o espazo?
O “Espazo de Prevención Familiar” ten como finalidade a creación de coñecemento a partir da análise e reflexión das diferentes realidades cotiás nas que se ven envoltas as familias asociadas ó desenvolvemento dos fillos e fillas. O material utilizado serán estudos, noticias, curtametraxes, anuncios, imaxes... contextualizados na área da prevención e as habilidades para a vida (afrontamento e resolución de conflitos, comunicación, tendencias nos consumos, ocio e tempo libre...).
O Espazo virtual aportará información relacionada coas sesións presenciais de prevención familiar desenvoltas nos respectivos Centros Educativos da agrupación de concellos do Servizo de Prevención. Así mesmo, o contido actualizarase con novidades de interese no ámbito das drogodependencias.
Como participar no “Espazo de Prevención Familiar online”?
O acceso tanto da información como do foro realizarase a través da propia web www.prevenciondedrogas.es. previo rexistro da persoa interesada como usuaria.
As persoas que se rexistren como usuarias terán acceso ó foro. Esto permitirá tanto ver os comentarios do resto de usuarios como realizar os propios, dando lugar ó fomento de reflexións que enriquezan o proceso formativo.
A administradora do foro resérvase o dereito a retirar aqueles comentarios inapropiados subidos á web.