Skip to Content

Novidades

RENOVACIÓN DO CONVENIO PARA O SERVIZO DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADITIVAS 2019/2022

RENOVACIÓN DO CONVENIO PARA O SERVIZO DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADITIVAS 2019/2022FIRMA DO CONVENIO PARA O MANTEMENTO DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADITIVAS DA AGRUPACIÓN DE CONCELLOS DE BEGONTE, CASTRO DE REI, FRIOL, OUTEIRO DE REI E RÁBADE (2019-2022)

 

O mércores 26 de xuño, Día Internacional contra o tráfico e uso indebido de drogas, os Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade, renovan o seu compromiso coa Prevención a través da firma dun convenio para o mantemento do Servizo de Prevención de Condutas Aditivas vixente nos concellos fundadores, Begonte, Outeiro de Rei e Rábade, dende 2008 e presente en Castro de Rei e Friol dende 2017.

 

Esta firma renova os esforzos por traballar en prol da prevención. A labor do Servizo de Prevención de Condutas Aditivas, con presencia semanal en cada un dos concellos agrupados, presta atención, apoio e asesoramento directo ás familias e cidadanía interesada ademais de desenvolver actuacións interrelacionadas de carácter socioeducativo que pretenden chegar a toda a comunidade mediante por exemplo: sesións de prevención familiar, Programas de deshabituación tabáquica, Cursos de prevención do consumo de drogas e uso do móbil na condución, actuacións do Grupo de Apoio en relación a DCA ou Primeiros Auxilios, formación en creación de curtametraxes, programas específicos en Centros Educativos de Primaria e Secundaria centrados especialmente na prevención de consumos no eido das drogas e do xogo online pero tamén con actuacións en formación de mediadores, en igualdade...

 

Referencia ás persoas da Foto de esquerda a dereita:

• Francisco Xosé Fernández Montes (Alcalde de Rábade)

• Mª Ángeles Buján Burgo (Delegada de Alcaldía de Cultura e Turismo)

• José Pardo Lombao (Alcalde de Outeiro de Rei)

• Francisco Javier Balado Teijeiro (Alcalde de Castro de Rei)

• José Ulla Rocha (Alcalde de Begonte)

CURSO DE PREVENCIÓN DE CONSUMO DE DROGAS E USO DO MÓBIL NA CONDUCIÓN

CURSO DE PREVENCIÓN DE CONSUMO DE DROGAS E USO DO MÓBIL NA CONDUCIÓN

 

A asunción de condutas de risco na condución é unha realidade que en numerosas ocasións provoca graves e tráxicas consecuencias a tódolos niveis: persoal, familiar, social, laboral...

 

Por elo, o Servizo de Prevención da agrupación de concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade en estreita colaboración coa Asociación de Provincial de Autoescolas de Lugo, organizaron unha xornada de prevención de consumo de drogas e uso do móbil na condución dirixida a 23 rapaces e rapazas en vías de obtención do carné de condución ou no seu primeiro  ano de permiso.


Todos eles recibiron unha formación teórica en sesión de mañá no Concello de Rábade e unha sesión práctica pola tarde no circuíto de Outeiro de Rei impartida polos profesionais Jesús Rozas da Autoescola Rábade, José Manuel Santos e Manuel Rodríguez da Autoescola Alborada con sede en Castro de Rei, Friol e Lugo e por Manuel Ángel Rodríguez da  Autoescola Lucus de Lugo.


Alumnos e alumnas quedaron satisfeitos cunha xornada cargada de formación sensible e funcional que os converte de feito en axentes preventivos capaces de transmitir ao seu entorno o aprendido, pois quedaron evidenciadas as consecuencias da condución baixo os efectos das drogas así como do uso do móbil.

CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS

APRENDE A SALVAR UNHA VIDA

 

O Curso de Primeiros Auxilios ten a finalidade de capacitar aos participantes na adquisición de coñecementos elementais a aplicar ante situacións de urxencia sanitaria, proporcionando coidados inmediatos imprescindibles para salvagardar a vida nun momento determinado.

O curso distribuirase en 3 sesións presenciais durante os meses de xaneiro e febreiro.

É un curso totalmente gratuíto suxeito a prazas limitadas para garantir a calidade da formación.

Non o dubides, aprende a salvar vidas!

 

*Solicitado recoñecemento de curso de interese sanitario
.............................................................................................


INSCRICIÓN: CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS
ATA O 30 DE OUTUBRO DE 2018

 

Descargar preinscrición

 

 

 

CREANDO CINE (maiores de 14 anos)

Gustaríache realizar unha produción audiovisual dende a idea ata o estreo?

 

Nos meses de novembro e decembro tes a túa oportunidade para iniciarte como cineasta!

 

O cine é un recurso idóneo para afondar na análise da realidade, na conciencia crítica e no autocoñecemento persoal dende unha perspectiva lúdica e educativa. Neste curso dunha sesión semanal de 90 mins aprenderás sobre:

  • O cine como arte

  • O guión

  • A Pre-produción

  • Produción audiovisual

  • Distribución e marketing

  • Estreo

Data de inicio: a determinar

Destinatarios: a partir de 14 anos

Gratuíto, con límite de prazas!!

 

Máis info: Coordinadora de Prevención en prevenciondrogas@rabade.org ou chamando:

 

  • Luns

  • Martes

  • Mércores

  • Xoves

  • Venres

Concello de Outeiro de Rei

Concello de Friol

Concello de Begonte

Concello de Castro de Rei

Concello de Rábade

982.393.281

982.375.001

982.396.012

982.314.034

982.390.062

.........................................................................


INSCRICIÓN: TALLER DE CINE

ATA O 22 DE OUTUBRO DE 2018

(entregar no concello de referencia ou enviar datos a prevenciondrogas@rabade.org)

 

 

Descargar preinscrición