FIRMA DO CONVENIO PARA O MANTEMENTO DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADITIVAS DA AGRUPACIÓN DE CONCELLOS DE BEGONTE, CASTRO DE REI, FRIOL, OUTEIRO DE REI E RÁBADE (2019-2022)
O mércores 26 de xuño, Día Internacional contra o tráfico e uso indebido de drogas, os Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade, renovan o seu compromiso coa Prevención a través da firma dun convenio para o mantemento do Servizo de Prevención de Condutas Aditivas vixente nos concellos fundadores, Begonte, Outeiro de Rei e Rábade, dende 2008 e presente en Castro de Rei e Friol dende 2017.
Esta firma renova os esforzos por traballar en prol da prevención. A labor do Servizo de Prevención de Condutas Aditivas, con presencia semanal en cada un dos concellos agrupados, presta atención, apoio e asesoramento directo ás familias e cidadanía interesada ademais de desenvolver actuacións interrelacionadas de carácter socioeducativo que pretenden chegar a toda a comunidade mediante por exemplo: sesións de prevención familiar, Programas de deshabituación tabáquica, Cursos de prevención do consumo de drogas e uso do móbil na condución, actuacións do Grupo de Apoio en relación a DCA ou Primeiros Auxilios, formación en creación de curtametraxes, programas específicos en Centros Educativos de Primaria e Secundaria centrados especialmente na prevención de consumos no eido das drogas e do xogo online pero tamén con actuacións en formación de mediadores, en igualdade...
Referencia ás persoas da Foto de esquerda a dereita:
• Francisco Xosé Fernández Montes (Alcalde de Rábade)
• Mª Ángeles Buján Burgo (Delegada de Alcaldía de Cultura e Turismo)
• José Pardo Lombao (Alcalde de Outeiro de Rei)
• Francisco Javier Balado Teijeiro (Alcalde de Castro de Rei)
• José Ulla Rocha (Alcalde de Begonte)