O Servizo de Prevención da agrupación de concellos de Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei, Rábade e Xermade en colaboración co CEIP Laverde Ruíz, CEIP Baamonde e as súas ANPAS e en relación á demanda realizada por ambos colectivos, convocamos ás familias de 5º e 6º de Primaria a participar nunha sesión formativa centrada na preparación e resolución de dúbidas referidas ao paso do alumnado do colexio ó instituto.
A sesión desenvolverase na Casa da Cultura de Begonte o próximo martes 17 de xuño ás 16:00 h.