Skip to Content

QUERES DEIXAR DE FUMAR? PROGRAMA DE DESHABITUACIÓN TABÁQUICA 2016

Esta actividade gratuíta desenvolverase nos meses de abril, maio e xuño nunha sesión semanal dunha hora de duración durante 7 semanas consecutivas e 3 distanciadas. Para incentivar a asistencia a AECC esixirá un depósito económico que será devolto integramente ó finalizar o programa a aqueles participantes que asistiran a 7 das 10 sesións.

 

Para máis información ponte en contacto coa Responsable de Prevención en prevenciondrogas@rabade.org ou chamando:

  • Luns Concello de Xermade: 982.501.001

  • Martes Concello de Outeiro de Rei: 982.370.109

  • Mércores Concello de Begonte: 982.396.012

  • Xoves Concello de Guitiriz: 982.393.281

  • Venres Concello de Rábade: 982.390.062

 

 

Inscríbirte antes do 23 de marzo nalgún dos concellos da agrupación ou enviando os datos persoais e de contacto a prevenciondrogas@rabade.org.(prazas limitadas)

 

DESCARGAR INSCRICIÓN

 

O lugar e horario do programa fixarase en función das preferencias das inscricións recibidas.