O Servizo de Prevención inicia a súa andaina no Concello de Xermade cunha actividade de cineforum destinado á mocidade para este verán. “Cine e Habilidades Sociais”, constiúe un obradoiro no que o cine actuará como recurso socioeducativo, que terá un carácter dinámico, integrador e lúdico, no que a selección inicial de filmes poderá variar en función dos intereses dos participantes.
Destinatarios: Rapaces e rapazas a partir de 12 anos
Lugar: Antiga Cámara Agraria
Días: 15 e 22 de xullo e 19 e 26 de agosto
Hora: 12:30 a 14:30 h.