Skip to Content

I Concurso de Fotografía "Vivir é Convivir"

O Servizo de Prevención de Drogodependencias dos Concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade convoca o I Concurso Fotográfico “VIVIR É CONVIVIR”.

  1. O obxecto do concurso é promover o coñecemento dos entornos entre concellos veciños a través da realización de traballos fotográficos compostos, cada un deles, por fotografías de 5 parroquias diferentes de entre as 47 parroquias propias dos concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade, a elixir. Será preciso que os 3 concellos teñan representación fotográfica.
  2. O concurso é aberto a toda a poboación, a participación poderá ser individual ou grupal. As persoas que se preinscriban no concurso “Vivir é convivir”, poderán asistir a unha xornada de formación básica de fotografía dixital.
  3. A data límite para a presentación dos traballos será o día 31 de maio de 2011 ás 14:00 horas.
  4. O xurado do concurso valorará os mellores 3 conxuntos fotográficos que serán premiados con:

                       1ª PREMIO: 200 €
                       2º PREMIO: 150 €
                       3º PREMIO: 100 €

 

Descargar cartel en PDF

Bases do concurso en galego

Bases do concurso en castelán

Formulario de inscrición