Skip to Content

25 DE NOVEMBRO, DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. DROGAS E VIOLENCIA DE XÉNERO…

día mundial da violencia de xénero¿O consumo de drogas xustifica a violencia de xénero?


Definitiva e rotundamente non. É un mito que o alcohol e outras drogas sexan as causantes da violencia de xénero, se ben é certo que poden constituír factores desencadeantes de episodios concretos da mesma. Se admitísemos o contrario estariamos a xustificar aos propios maltratadores como vítimas dunha circunstancia allea e non é así.

A realidade é que o alcohol e outras drogas inflúen no agresor na medida na que desactivan os mecanismos de inhibición da violencia de control da ira propiciando así a aparición de condutas violentas. As droga favorecen que aparezan máis episodios de violencia e máis graves porque diminúe a capacidade de xuízo e a percepción de risco asociado ás consecuencias da mesma.

 

¿Que é a Violencia de Xénero?


Todo acto de violencia ou agresión sobre as mulleres baseado nunha situación de desigualdade que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluíndo as ameazas e a coacción ou privación arbitraria da liberdade.

 

¿Por que violencia de xénero e non violencia contra mulleres?


Porque trátase dunha violencia que se dirixe contra as mulleres polo feito mesmo de selo. O acto violento ou agresión como manifestación dunha relación de poder desigual entre homes e mulleres, posuíndo a dominación os homes (masculinidade) e a subordinación as mulleres (feminidade).

 

Tipos de Violencia de Xénero

  • Violencia Psicolóxica: Calquera conduta (verbal ou non verbal) que produza na muller desvalorización en público ou en privado (ameazas, vexacións, insultos, intimidacións, illamento entendido como privación da liberdade, chistes...)

  • Violencia Física: calquera acto de forza sobre a muller que ocasione lesións ou danos físicos (empuxóns, puñetazos, queimaduras, tiróns de pelo, patadas...).

  • Violencia Sexual e Abusos Sexuais: Calquera acto de natureza sexual forzada polo agresor e non consentida pola vítima (relación sexual obrigada, visión forzada de pornografía, tocamentos non desexados, exhibicionismo, violación...)

 

CICLO DA VIOLENCIA

 

ciclo da violencia de xenero

 

  1. Acumulación de tensión: A vítima percibe como o agresor se volve cada vez máis susceptible e adopta comportamentos máis agresivos. A vítima intenta non alterar a situación nin “provocar” ao agresor para evitar o maltrato físico. Có tempo esta fase é cada vez máis breve.

  1. Episodio agudo de violencia: o agresor ten a necesidade de descargar a tensión acumulada na fase anterior en forma de violencia..

  1. Lúa de mel: O maltratador compórtase dunha maneira idealizada para obtelo perdón da vítima, momento no que reafirma o seu poder. Esta fase faise máis breve co paso do tempo.

A moita xente lle custa moito entender por qué esas mulleres que levan padecido tanta violencia non fuxen, por que non denuncian, por que...A repetición do ciclo da violencia provoca na vítima a síndrome de indefensión aprendida, que da como resultado a pasividade e a perda de esperanza dándose por vencida, deixando de dar respostas ás agresións.

 

 

escalada da violencia de xenero